A XUNTA ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO DE TRAZADO, CONSTRUTIVO E O TRÁMITE AMBIENTAL DA VARIANTE DE ALBA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 24 de abril de 2018

A XUNTA ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO DE TRAZADO, CONSTRUTIVO E O TRÁMITE AMBIENTAL DA VARIANTE DE ALBA




§  Este contrato, cun prazo de execución de 12 meses, foi adxudicado por case 188.000 euros á empresa Consultora de Ingeniería y Empresa (CIESA)
§  A variante de Alba ten como finalidade conectar as estradas Pontevedra- Baión (PO-531) e a N-550, funcionando como alternativa á estrada PO-225, que comunica Alba con San Caetano, sen necesidade de entrar no núcleo urbano
§  A Xunta aposta por esta infraestrutura estratéxica para a vertebración da rede viaria e para a calidade de vida dos veciños, polo que os Orzamentos para 2018 recollen unha partida específica para seguir avanzando no seu impulso

A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto de trazado e construción e impacto ambiental da variante de Alba, en Pontevedra.

Este contrato, cun prazo de execución de 12 meses, foi adxudicado por un importe de case 188.000 euros á empresa Consultora de Ingeniería y Empresa (CIESA) co fin de acadar o proxecto que se prevé licitar o vindeiro ano.

A variante de Alba ten como finalidade servir de conexión entre as estradas Pontevedra- Baión (PO-531) e a N-550 (A Coruña- Tui), funcionando como alternativa á estrada PO-225, que comunica Alba con San Caetano, sen necesidade de entrar no núcleo urbano.

O Goberno galego continúa a apostar por esta infraestrutura, para a que se prevé un investimento de 5 millóns de euros, xa que é estratéxica para a vertebración da rede viaria e para a calidade de vida dos veciños. Neste sentido, os Orzamentos da Xunta para o ano 2018 recollen unha partida específica para seguir avanzando no impulso desta actuación.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda mantivo diversas xuntanzas cos veciños das parroquias afectadas para definir o trazado da Variante, no termo municipal de Pontevedra. O Goberno galego ten como obxectivo acadar o máximo nivel de consenso, de forma que as consideracións formuladas polos veciños sexan atendidas na medida do posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario