Con estas novas bases, unidas
ás bases de admisión no centro de día, avanza na protocolarización do seu
funcionamento e supera a eiva que existía ao non contar con bases elaboradas
nin publicadas
Foron
presentadas esta mañá nunha xuntanza informativa ante os técnicos de Servizos
Sociais dos concellos da provincia
O
vindeiro luns está previsto que saian publicadas no BOPPO as Bases reguladoras
do procedemento de admisión en réxime residencial en Príncipe Felipe para o
curso 2018-2019. Será a primeira vez que se elaboran e publican as bases que
regulan o que comunmente se coñece como “réxime de internamento” en Príncipe
Felipe, protocolarizando de xeito formal o funcionamento deste tipo de réxime
residencial. Para explicar tanto o contido do que se establece nas bases como
as novidades introducidas, a Deputación convocou ás e aos técnicos de Servizos
Sociais dos concellos da provincia a unha xuntanza informativa que estivo
presidida pola deputada delegada de Príncipe Felipe, Eva Vilaverde, e polo
director do centro, Xosé Ramón Couto. “Este proceso de ir protocolarizando
tanto o funcionamento interno como externo do centro permítenos avanzar nos
dous obxectivos fundamentais que nos plantexamos desde o comezo, que eran o de
optimizar recursos e o de mellorar a calidade do servizo que prestamos”
asegurou Eva Vilaverde durante a súa intervención.
Estas
bases recollen as características da atención en réxime residencial e informan
sobre aspectos relacionados con este tipo de atención. Así mesmo, tamén
establecen os criterios de atención, a baremación para a admisión dos e das
menores, a publicación de listaxes provisionais e definitivas, e os prazos para
reclamacións. Tamén establecen o funcionamento das baixas e a revisión anual de
permanencia dos e das menores acollidas. Precisamente, neste último punto é
onde se introduce o cambio máis novidoso, xa que as revisións da permanencia
non estaban establecidas. A partires do vindeiro curso, realizaranse
avaliacións para comprobar se as condicións que levaron ao acollemento en
réxime residencial do ou da menor se seguen mantendo para o seguinte curso.
Acollemento en réxime residencial
Hai
que lembrar que o acollemento en réxime residencial está vinculado ao curso
escolar e se realiza naqueles casos que superan os recursos propios dos
concellos pero que non entran nos casos de acollemento da Consellería de
Política Social –tales como situacións de risco e desamparo, ou necesidades de
atención en centros específicos por cuestións de trastornos mentais, de
conduta, desenvolvemento, toxicomanías, etc-.
Os
e as menores en acollemento en réxime residencial teñen que cumprir o requisito
de estar escolarizadas en centros públicos, polo que a idade mínima se
establece nos 3 anos, e a idade máxima
estipúlase en 16 anos antes da data de ingreso – que sempre é setembro- , aínda
que con carácter excepcional, e só para menores que xa están dentro do réxime
residencial, se pode ampliar ata os 18 anos, nos casos que sexa preciso para a
finalización dos seus estudos ou ante a perspectiva dunha inserción laboral. En
canto aos criterios de valoración para o seu ingreso teranse en conta cuestións
relacionadas coa unidade familiar relativas á súa situación económica e
factores relacionados coa saúde, como poden ser membros con discapacidade,
enfermidades crónicas ou adicións. Tamén se terá en conta a situación
sociolaboral dos proxenitores ou dos titores legais, como son as situacións de
desemprego e se son familias monoparentais. En canto á situación social e
psicolóxica do ou da menor, a avaliación correrá a cargo das traballadoras
sociais e das psicólogas de Príncipe Felipe.
No
presente curso, os tres centros de acollemento en réxime residencial de
Príncipe Felipe, contabilizan un total de 20 menores. Todas as solicitudes para
o acollemento deben estar avaladas polos Servizos Sociais dos concellos, e a
persoa menor debe estar empadroada e residir de xeito efectivo nalgún concello
da provincia de Pontevedra. O réxime residencial ten como obxectivo fundamental
protexer e asegurar o benestar daqueles menores procedentes de familias con
dificultades de risco psicosocial e garantirlles o exercicio do seu dereito a recibir
educación e unha atención integral nun marco de convivencia normalizado.
Pontevedra, 26 de
abril de 2018
Saúdos
Gabinete de
Prensa
No hay comentarios:
Publicar un comentario