- Os responsables do Servizo de Incendios da Xefatura Territorial de Medio Rural da Delegación da Xunta en Pontevedra felicitaron a este colectivo polo seu esforzo en materias coma o control das distancias das plantacións e as faixas de xestión da biomasa
Os responsables do Servizo de
Incendios da Xefatura Territorial de medio Rural da Delegación da Xunta en
Pontevedra destacaron esta mañá, ante case un centenar de axentes e técnicos do
operativo de extinción, a importancia da súa formación continua co fin de
procurar un Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais “cada
vez máis profesional e dinámico”.
O xefe
territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, inaugurou hoxe a Xornada técnica sobre grandes lumes que se celebra na
Delegación Territorial e na que participan case un centenar de axentes e técnicos
do operativo de prevención e extinción de incendios.
O obxectivo
desta xornada é aprender da nosa propia experiencia e detectar acertos e erros
a diferentes niveis de coordinación experimentados durante a extinción de
grandes incendios”, nos que se precisa dun ataque ampliado que con frecuencia
integra a diferentes organizacións implicadas na seguridade cidadán.
Esta é unha das accións formativas programadas
por Medio Rural para este colectivo, que se distribúen ao longo das catro
provincias e os dezanove distritos nos que se estrutura o territorio forestal
galego. Permitirá a execución dun documento de
conclusións con medidas correctoras que poidan contribuír a unha mellor
eficacia na extinción dos grandes lumes, que se fará chegar a todo o persoal
implicado na loita contra os incendios forestais.
No caso concreto da provincia de Pontevedra, a
xornada centrouse en aspectos coma os cambios de uso forestal a agrícola, os
aproveitamentos no monte e na análise e estudo de dous recentes casos de grandes lumes
forestais (que afectaron máis de 500 hectáreas), como foron os acaecidos o
pasado 16 de outubro nas Neves, en Ponteareas-Padróns ou en Nigrán, entre
outros.
Ademais, os responsables do Servizo de
Incendios quixeron tamén destacar e agradecer a implicación e profesionalidade dos técnicos
e axentes na aplicación da normativa sobre aspectos como o cumprimento das
distancias das plantacións e as faixas de xestión da biomasa, algo fundamental
no eido da prevención de incendios nos montes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario