A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO AO RÍO CHAÍN AO SEU PASO POLO CONCELLO DE PORTAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 4 de diciembre de 2020

A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO AO RÍO CHAÍN AO SEU PASO POLO CONCELLO DE PORTAS

 

§  O vertido foi identificado no marco das inspeccións rutineiras do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia

§  A orixe deste punto localizouse nunha rede de augas pluviais que desaloxaba ao río ao seu paso pola parroquia de Briallos

§  Os técnicos de Augas de Galicia realizaron recentemente unha inspección ao lugar e constataron ausencia de contaminación, confirmándose a efectividade das medidas correctoras adoitadas polo Concello

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do Plan de Control de Vertidos desenvolvido desde Augas de Galicia, vén de emendar un punto de vertido ao río Chaín, no municipio pontevedrés de Portas.

 

Este punto de vertido foi detectado polos técnicos de Augas de Galicia durante as inspeccións rutineiras que se efectúan nas redes fluviais dos distintos termos municipais. As actuacións iniciáronse coa localización do aporte contaminante procedente dunha rede de augas pluviais que desaloxaba ao río, ao seu paso pola parroquia de Briallos.

 

Os feitos observados notificáronse ao Concello de Portas, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a corrección da incidencia.

 

Os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha nova inspección á zona e constataron que as obras realizadas polo Concello na rede separativa permitiu a emenda dos aportes contaminantes cara á rede de pluviais, confirmándose deste xeito a efectividade das medidas correctoras adoitadas.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario