29,
marzo, 2023. Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Juan Constenla
e Javier Bas, xunto a vicepresidenta 2ª do Congreso, Ana Pastor e a
voceira de vivenda do grupo popular, Ana Zurita Expósito, reuníronse
esta mañá en Madrid cos veciños de Barro en risco de desafiuzamento para
interesarse pola súa situación, e comprometéronse a facer un seguimento
do proceso.
Constenla
sinala que "entendemos perfectamente a situación preocupante que están
atravesando, están en risco os seus fogares, os seus proxectos de vida
e, como mínimo, merecen ser escoitados e intentar ofrecerlles todo o
apoio".
O encontro
celebrouse grazas á mediación do presidente da xestora e candidato do PP
á alcaldía de Barro, Eduardo Ruadas, que agradeceu aos deputados
provinciais a disposición que amosaron en todo momento para atender e
escoitar aos veciños de Barro e interesarse pola súa problemática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario