Ao abeiro do proxecto de transformación dixital
dos concellos de menos de 20.000 habitantes mercaranse 546 ordenadores
portátiles estándar e 93 equipos avanzados
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde á compra de equipamentos informáticos intelixentes para 50 concellos da provincia, coa finalidade de facilitar a mobilidade e a produtividade dos empregados públicos. Cun orzamento total de 731.561 euros, supón o inicio da licitación da última das cinco liñas do proxecto de transformación dixital dos concellos de menos de 20.000 habitantes, un programa financiado con 2,5 millóns de euros de fondos europeos. Segundo o presidente da Deputación, Luis López, esta liña completa un proxecto “que nos vai permitir modernizar os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para que poidan garantir e prestar un servizo de maior calidade á cidadanía”.
Máis polo miúdo, 609.128 euros destinaranse á compra de 546 ordenadores
portátiles estándar con capacidade para o desenvolvemento das tarefas
ofimáticas máis habituais. Ademais, outros 122.432 euros permitirán mercar 93
equipos avanzados, que teñen maiores capacidades para que persoal técnico poida
desenvolver tarefas que requiran prestacións superiores. Todos eles
repartiranse entre os 50 concellos da provincia que os solicitaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario