Barro aproba os orzamentos municipais para o 2024 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 27 de noviembre de 2023

Barro aproba os orzamentos municipais para o 2024

 

Xosé Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro

O goberno municipal do Concello de Barro conseguiu aprobar no pleno a súa proposta de orzamentos para o 2024, que ascenden a case 3.000.000 de euros.

A esta cantidade haberá que sumar, tan pronto se coñeza, a cifra que lle corresponde ao Concello dos fondos da Deputación de Pontevedra.

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, mostrouse "moi satisfeito" con estas contas "pois permitirannos continuar coa nosa liña de traballo, co obxectivo de mellorar os servizos e a calidade de vida da veciñanza, facendo de Barro un lugar no que cada vez se viva mellor".

Por noveno ano consecutivo, neste orzamento contémplase a conxelación de taxas e impostos, así como o incremento da partida destinada a gasto social, que ascenderá á máis de 735.000 euros.

A partida destinada a gasto social ascende a 735.000 euros

Tamén se continuarán investindo 100.000 euros, ao igual que nos últimos anos, para axudar ás empresas asentadas no polígono de Outeda a aminorar o recibo da auga, mentres non se completa o asentamento total de empresas, así como para facer fronte aos gastos de mantemento.

Referente ao polígono de Outeda, tamén se incrementa a partida dedicada á xestión do ciclo da auga, posto que a partir do vindeiro ano o Concello asumirá a súa xestión total, xestión que ata o momento cooresponde á Deputación de Pontevedra.

O goberno municipal continuará apoiando os colectivos culturais e deportivos que fan un importante labor social no concello, a través de convenios de colaboración.

Os orzamentos para o exercicio do ano 2024 foron aprobados cos votos a favor do BNG e do PSOE, e cos votos en contra de Xuntos e PP.

https://pontevedraviva.com/xeral/99821/barro-aprueba-presupuestos-municipales-2024/

No hay comentarios:

Publicar un comentario