As axudas permitirán ás entidades beneficiadas en Pontevedra, Barro, Ribadumia, Vilaboa e Vilanova financiar os gastos de funcionamento destes centros
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as subvencións para seis entidades das comarcas de Pontevedra e O Salnés que xestionan outras tantas Escolas de Música na provincia, no marco do seu apoio á difusión da cultura. Estas achegas, que ascenden a preto de 20.000 euros, permitiranlles aos colectivos financiar os gastos de funcionamento destes centros.
As axudas beneficiarán a dúas entidades que xestionan Escolas de Música en Pontevedra (en concreto a Asociación Cultural A Tempo e a Asociación Músico Cultural San Martiño de Salcedo), así como á Asociación Cultura e Xuventude de Barro, á Asociación Pro-Escola de Música do Concello de Ribadumia, á Asociación Pro-Escola de Música do Concello de Vilanova de Arousa e á Asociación Cultural e Musical Escola de Música de Vilaboa.
En toda a provincia son un total de 29 as Escolas de Música que se benefician de 90.000 euros desta liña de subvencións da Deputación de Pontevedra. As axudas concedéronse por concorrencia competitiva, tendo en conta cuestións como o número de alumnos, o número de docentes, o orzamento de gastos da escola e as especialidades impartidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario