Coa instalación da firma Gestión de Recursos Industriales y Maquinaria SL son 24 as empresas que están presentes no parque industrial
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a venda dunha nova parcela no polígono de Barro, que ocupará a firma Gestión de Recursos Industriales y Maquinaria S.L. e coa que o parque suma xa un 76% de ocupación. O presidente, Luis López, que subliñou a importancia desta instalación “para a promoción económica da provincia”, explicou que a citada empresa instalarase nunha parcela de máis de 2.100 metros cadrados que adquirirá por 260.000€.
Trátase dunha firma de Pontevedra que se dedica á xestión de bens inmobles e que amplía con esta compra as instalacións que xa tiña no Campiño. Con ela, son 24 as firmas presentes no polígono, que ten 58 parcelas ocupadas e 18 libres. Algunhas das empresas presentes son: Froiz , Hijos de Rivera, Mafari, Frutas Moncho, Mariscos Alumar ou Transfrío. Ademais, a Deputación ten en Barro o Viveiro de Empresas, o Centro de Apoio Empresarial e o novo Parque de Maquinaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario