Cortan o tráfico na AP-9 polo incendio dun camión cisterna cargado de gasóleo agrícola - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 17 de noviembre de 2023

Cortan o tráfico na AP-9 polo incendio dun camión cisterna cargado de gasóleo agrícola

Incendio dun camión cisterna cargado de gasóleo na AP-9

Incendio dun camión cisterna cargado de gasóleo na AP-9

© Concello de Sanxenxo

A Garda Civil de Tráfico tivo que cortar o tráfico na autoestrada AP-9 á primeira hora da mañá deste xoves polo incendio declarado nun camión cisterna cargado de gasóleo agrícola.

O incendio produciuse sobre as 6.30 horas da mañá ao paso da autoestrada por Curro, no Concello de Barro.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o camión transportaba 32.000 litros de gasóleo agrícola. Con todo, a carga acabou intacta, non se derramou nin ardeu. Emerxencias de Sanxenxo apunta a que a carga podería ser un pouco superior, 40.000 litros. 

O camión detívose na autoestrada por mor dunha explosión nunha roda, que finalizou por incendiarse. O lume pasou da roda a todo o eixo traseiro do camión. 

O camioneiro, preocupado pola carga, alertou ao 112 Galicia, que tamén recibiu máis avisos doutros condutores alertados pola mesma situación.

O condutor resultou ileso e, ao darse conta do que ocorría, moveuse ata a beiravía e desenganchou a cabeza tractora

Finalmente, os danos cinguíronse ao eixo traseiro do camión. Arderon 2 eixos e 6 rodas. Ademais, segundo informa Emerxencias de Sanxenxo, o chasis viuse afectado, ao ser de aluminio fundiuse coa calor.

A vía cortouse totalmente o tráfico á altura de Curro co fin de facilitar aos equipos de emerxencia a extinción do incendio. A continuación, deixouse cortado un só carril á espera de que se puidese transvasar a mercadoría a outro camión e retirar o incendiado.

Interviñeron a Garda Civil de Tráfico, os membros do GES de Sanxenxo e os voluntarios de Protección Civil de Portas.

 

https://pontevedraviva.com/xeral/99640/cortan-trafico-ap9-incendio-camion-cisterna-cargado-gasoleo-agricola/

No hay comentarios:

Publicar un comentario