A Deputación abre o prazo para optar ás axudas para a edición de obras en galego de difusión cultural, dotadas cun orzamento de 90.000 € - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 1 de marzo de 2024

A Deputación abre o prazo para optar ás axudas para a edición de obras en galego de difusión cultural, dotadas cun orzamento de 90.000 €

 


A convocatoria está dirixida a entidades sen ánimo de lucro que poderán recibir ata 12.000 euros e o prazo permanecerá aberto ata o 26 de marzo

A Deputación acaba de abrir o prazo para optar ás axudas para a edición de obras en galego de difusión cultural dotadas, neste 2024, cun orzamento de 90.000 euros.  A convocatoria está dirixida a entidades sen ánimo de lucro que poderán recibir ata 12.000 euros e o prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 26 de marzo.

A institución provincial pretende con esta liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, fomentar a edición de publicacións que teñan interese social e cultural para a provincia de Pontevedra e que redunden no conxunto da sociedade. Deste xeito, os traballos subvencionados, de carácter divulgativo, deberán tratar aspectos relacionados coa provincia, co seu patrimonio material, inmaterial ou artístico, ou con persoas e colectivos relevantes desta. Ademais deberán estar editados en galego normativo e non poderán ser distribuídos como suplemento doutra publicación.

O importe máximo da subvención para cada edición non superará o 70% do orzamento total e, en calquera caso, os 3.500 euros no caso de publicacións en papel; os 8.000 euros no caso de edicións en formato audiovisual e mixta (que inclúan publicacións en papel e en audiovisual) e 12.000 euros no caso de formatos especiais de edicións para persoas con diversidade auditiva, visual ou cognitiva. Á hora de conceder as axudas valorarase a calidade técnica da proposta e a achega da publicación ao desenvolvemento, á normalización e promoción da lingua galega, ao fomento do patrimonio galego, á recuperación da memoria histórica, á igualdade de xénero, á diversidade funcional e á conservación do medio.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario