Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 12 de octubre de 2017

BARRO: 18.000 € . A DEPUTACIÓN RESOLVE AS AXUDAS PARA ACTUACIÓNS NO PATRIMONIO HISTÓRICO E CULTURAL





Aproba actuacións en 46 concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes
Esta liña de axudas contempla a restauración de bens inmobles de titularidade municipal, conxuntos urbanos e contornas naturais;  a adquisición de bens integrantes do patrimonio histórico; e a instalación de paneis informativos neste tipo de bens

A Xunta do Goberno provincial ten previsto aprobar na xuntanza desta semana a resolución de axudas para actuacións no patrimonio histórico e cultural. Esta liña foi convocada cun orzamento de 600.000 euros e o número total de concellos beneficiarios ascende a 46. Hai que lembrar que o obxectivo xeral destas subvencións é o de promover a recuperación e rehabilitación deste tipo de patrimonio existente na provincia, sempre que sexa de titularidade municipal.

As bases contemplaban actuacións que incluísen propostas de obras de conservación, restauración e sinalización. Así, como obras de conservación estipulábanse as que tivesen como finalidade o mantemento do inmoble coas súas características e materiais orixinais, fosen reparacións puntuais, substitucións concretas de elementos deteriorados, ou as que derivasen de reparacións dos danos habituais provocados polo paso do tempo ou polo seu uso característico. Tamén contemplaba como subvencionables as obras de sinalización dos bens inmobles, e os estudos museográficos e arqueolóxicos coa información previa ao deseño dos mesmos e que son necesarios para a elaboración de sinais. A orde incluía ademais os proxectos técnicos oficiais e colexiados das actuacións a levar a cabo; o deseño e instalación de paneis informativos; e os gastos de estudos museográficos e arqueolóxicos para a elaboración dos paneis de sinalización, coa recollida da información precisa e veraz dos mesmos.



Na comarca de Pontevedra o importe dos proxectos aprobados suma 72.958,41 euros e corresponden a solicitudes dos concellos de Barro, Campo Lameiro, A Lama, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario