Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 28 de abril de 2018

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE PONTEVEDRA BONIFICARÁ MÁIS DE 2 MILLÓNS DE VIAXES AO ANO, CUN ORZAMENTO DE 1,4 MILLÓNS DE EUROS DO QUE A XUNTA ACHEGARÁ O 70%




A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entregou hoxe aos representantes dos 12 concellos da área o borrador do convenio mediante o que se articulará este plan social

 
·         Os municipios convocados para abordar a posta en marcha do plan son Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Soutomaior e Vilaboa
·         A Xunta puxo a disposición destes municipios a documentación para que a finais de 2018 se active este plan que lle permite aos usuarios descontos ata o 70% no billete e un aforro anual de ata 900 euros aos viaxeiros frecuentes
·         Vázquez Mourelle trasladoulle aos concellos que este mes sairá a información pública o documento base do Plan de transporte público de Galicia, abrindo así o primeiro dos dous procesos de participación pública
·         Subliña a importancia de contar coas achegas dos concellos para abordar este proceso que culminará en 2019 coa entrada en funcionamento dun servizo de transporte máis moderno e acorde ás necesidades reais dos galegos
·         Indícalle ao Concello de Pontevedra que este é o momento máis acaído para que active o transporte urbano, que ten a obriga de prestar, o que permitiría  dar mellores solucións aos cidadáns

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe un encontro cos 12 concellos da área que integrarán o Plan de transporte metropolitano, que bonificará máis de 2 millóns de viaxes ao ano, cun orzamento de 1,4 millóns de euros, do que a Xunta achegará o 70 %.

Os municipios convocados para abordar a posta en marcha do plan son Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Soutomaior e Vilaboa.

A Xunta puxo hoxe a disposición dos municipios toda a documentación de cara a que a finais de 2018 os pontevedreses poidan beneficiarse do Plan de Transporte Metropolitano. Neste sentido, Vázquez Mourelle entregoulle aos representantes municipais o borrador de convenio mediante o que se articulará este plan social que axuda ás economías das familias, xa que lle permite aos usuarios descontos no billete de ata o 70%, e que lles pode supoñer un aforro anual de ata 900 euros ós usuarios frecuentes.

De xeito complementario, o Goberno galego tamén continua traballando para mellorar o transporte público na área de cara a 2019, data de caducidade das actuais concesións de transporte por estrada. Con ese obxectivo, neste mes sairá a información pública o documento base do Plan de transporte público de Galicia, abrindo así o primeiro dos dous procesos de participación pública nos que calquera administración, colectivo ou particular poderán facer as súas achegas.

A conselleira subliñou a importancia de contar coas achegas e a colaboración dos concellos para abordar este proceso que culminará en 2019 coa posta en marcha dun servizo de transporte máis moderno e acorde ás necesidades reais dos galegos.

Ethel Vázquez tamén aproveitou para trasladarlle ao Concello de Pontevedra que este é o momento máis acaído para que active o transporte urbano, que ten a obriga de prestar e que permitiría facer o deseño a unha escala moito menor, permitindo ir máis ao detalle dando mellores solucións aos cidadáns.

Fixo fincapé en que con traballo conxunto, coa responsabilidade e colaboración de todos, poderase acadar un sistema de transporte máis sostible, con melloras substanciais no servizo, maior cobertura e tamén máis adaptado ao que demandan os veciños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario