Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 10 de abril de 2018

José Sanmartín e a dictadura de liberdade de pensamento: Expulsa a Patricio Garcia do PSOE de Barro


Comunicado.
A executiva do Partido Socialista de Barro acordou este xoves en asemblea iniciar o expediente de expulsión do militante que figura como un dos organizadores da xuntanza de exlegionarios denominadas “Manobras simuladas Millán Astray” en Barro.
A Asemblea estaba convocada con anterioridade con outra orde do día pero incluiuse este punto para o seu debate e acordo.
A executiva local “condena enérxicamente a celebración dun acto que incumple a legalidade enaltecendo a persoas que foron actores principais da dictadura franquista, sexa en Barro ou en calquera lugar do país”.
Este militante continuaba como afiliado ainda que levaba xa máis de tres anos sen participar nas actividades da agrupación, nin en campañas, asembleas ou procesos congresuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario