Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 26 de octubre de 2018

BARRO VOLVE A QUEDAR EXCLUIDO. A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA CASE MEDIO MILLÓN DE EUROS PARA A POSTA EN MARCHA DE PROXECTOS SOCIAIS E SANITARIOS NA PROVINCIA





As beneficiarias son 119 entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude

Entre as iniciativas hai centros de día no medio rural, proxectos de inclusión social, terapias con animais, apoio a familias con baixos recursos ou servizos de fisioterapia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de 119 subvencións, por un valor total que ascende aos 499.000 euros, dirixidas a entidades sen fins de lucro da provincia para realización de actuacións enmarcadas no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude durante este ano 2018.

Estas entidades teñen como obxectivo a realización de proxectos ou actividades dentro da provincia orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do benestar daqueles colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan dunha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención.

Por concellos, o número de entidades beneficiadas por estas axudas son de 1 en Bueu, 5 en Cangas, 1 en Crecente, 1 na Estrada, 3 na Guarda, 6 en Lalín, 1 en Moraña, 1 en Mos, 3 en Nigrán, 1 en Pazos de Borbén, 2 en Ponterareas, 13 en Pontevedra, 1 en Porriño, 3 en Redondela, 1 en Ribadumia, 1 en Salvaterra do Miño, 1 en Sanxenxo, 1 Silleda, 2 en Tomiño, 3 en Tui, 1 en Valga, 55 en Vigo, 10 en Vilagarcía de Arousa e 2 en Vilanova de Arousa.

Entre os proxectos subvencionados atópanse iniciativas dirixidas ao fomento da inclusión social de persoas con enfermidade mental crónica, unidades de apoio para a inserción laboral de persoas con diversidade funcional, centros de día no medio rural, axudas para o pago de alugueres, hipotecas e alimentación a familias con baixos recursos, reparto de alimentos, terapias con animais para persoas con necesidades especiais, intervencións asistidas con cans para persoas maiores, explotación de hortas ecolóxicas como terapia para persoas con trastorno do espectro autista, obradoiros de musicoterapia, rehabilitación cognitiva con novas tecnoloxías en saúde mental ou servizos de fisioterapia para persoas con diversidade funcional, entre outras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario