Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 24 de octubre de 2018

OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2019 PREVÉN UN INVESTIMENTO DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE DE MÁIS DE 105 MILLÓNS DE EUROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA




O investimento per capita previsto na provincia é de máis de 112 euros por habitante


§  As Contas de 2019 prevén un investimento de máis de 5,3 millóns de euros para rematar as obras da Autovía do Morrazo e seguir mellorando as estradas autonómicas na comarca
§  Resérvase unha partida de 3,08 millóns de euros para seguir impulsando  a vía de altas prestacións entre Tui e A Guarda, prevendo a licitación dun novo treito de obras
§  Consígnanse 0,5 millóns de euros para avanzar na Variante de Alba, en Pontevedra, cun compromiso de gasto para os vindeiros anos que supera os 5 millóns de euros
§  O investimento previsto para empezar as obras da intermodal de Vigo supera os 7,8 millóns de euros mentres que na de Pontevedra se investirán 1,65 millóns
§  Augas de Galicia reserva máis de 4,5 millóns de euros para á mellora da EDAR de Praceres e máis de 3,1 millóns de euros para o novo emisario submarino

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará o vindeiro ano algo máis de 105,3 millóns de euros a investimentos na provincia de Pontevedra, segundo recolle o proxecto de Lei de Orzamentos remitido hoxe ao Parlamento para o ano 2019.

Desa forma, o departamento de Infraestruturas da Xunta realizará o vindeiro ano un investimento per capita de 111,70 euros por habitante o vindeiro ano na provincia de Pontevedra.

En concreto, os investimentos da Axencia Galega de Infraestruturas na provincia superarán os 66,7 millóns de euros no ano 2019.

A Autovía do Morrazo volve ser a infraestrutura viaria que recibe un maior investimento da Xunta de Galicia en materia de infraestruturas viarias, con máis de 5,3 millóns de euros consignados á mellora da mobilidade nesta comarca que permitirán culminar as obras en 2019, tras a posta en servizo este ano dos dous primeiros treitos. Prevense, así mesmo, as obras de mellora da seguridade viaria noutras estradas tamén importantes da comarca como a  PO-551 ou a PO-313, entre outras.

Ademais, resérvase unha partida de 3,08 millóns de euros para seguir impulsando  a vía de altas prestacións entre Tui e A Guarda, estando prevista a licitación dun novo treito de obras.

Na capital da provincia consígnanse 0,5 millóns de euros para avanzar na Variante de Alba, en Pontevedra, cun compromiso de gasto para os vindeiros anos que supera os 5 millóns de euros.

Tamén se reservan partidas por un total de 1,17 millóns de euros  para actuacións de interese local nas estradas PO-230,PO-234 e PO-235 nos concellos de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campolameiro e A Lama.

Destaca, ademais, a partida que se crean de 0,85 millóns de euros para actualizar o proxecto do ramal de conexión entre a AG-53 e a N-52 en Lalín-Dozón , coa fin de licitar as obras a finais de 2019.
Arrancan as obras das intermodais de Vigo e Pontevedra
O orzamento da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade na provincia de Pontevedra, supera os 9,52 millóns de euros no 2019.

En concreto, a partida reservada para a estación intermodal de Vigo supera os 7,86 millóns de euros. O remate da tramitación da intermodal, intregrada polo Centro Vialia, a estación de tren e a nova estación de autobuses intermodal, permiten comezar o próximo ano as obras do Centro Vialia, xa con autorización comercial autonómica.
No caso de Pontevedra a inversión asinado para o ano 2019  á mellora da intermodalidade e a reforma da estación de autobuses supera o 1,65 millóns de euros. Esta actuación conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e  Xunta prevé iniciar tamén as obras o vindeiro ano.
O impulso do saneamento da ría de Pontevedra
A provincia de Pontevedra encabeza a dotación orzamentaria de Augas de Galicia para Galicia, con máis de 28,4 millóns de euros,

Os  maiores investimentos se destinarán o vindeiro ano ao impulso do saneamento da ría de Pontevedra, que para a anualidade 2019 destina máis de 4,5 millóns de euros á mellora da EDAR de Praceres, e máis de 3,1 millóns de euros para o novo emisario submarino.

Ademais reservase unha partida superior aos 0,6 millóns de euros para a redacción dos proxectos de saneamento nos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía, Cambados e A Illa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario