Máis de 15.000 persoas poderán beneficiarse
desta iniciativa da Deputación de Pontevedra
·
Na comarca de Pontevedra, son 70 as entidades que
demandaron algún dos múltiples cursos incluídos nestes programas
608 asociacións da provincia que traballan no
seu día a día con mulleres e maiores beneficiaranse das accións formativas que
a Deputación de Pontevedra pon en marcha a través dos programas Pensa en Ti e
Ti tamén contas.
En conxunto, serán máis de 15.000 as persoas que
se poderán beneficiar destas actividades, coas que a Deputación busca un dobre
obxectivo: favorecer o dinamismo destas entidades e ampliar a oferta formativa
e de lecer en todos os concellos da provincia.
Tanto Pensa en ti orientado a
colectivos de mulleres ou que traballan neste campo, como Ti tamén contas, teñen unha excelente acollida entre as diferentes
asociacións que ven neles unha oportunidade para ampliar a oferta de
actividades tanto para os seus socios como para veciños e veciñas do contorno.
Así, nesta edición o programa Pensa
en ti conta xa con 396 asociacións inscritas, que poderán ofertar cadanseu
curso. Farano en actividades tan variadas como reciclaxe, elaboración de xabóns
caseiros, panadería e repostería, diversas actividades físicas e deportivas
(zumba, bailes de salón, ioga, pilates, …), conservas artesanais, arte floral,
pintura en tea, cociña, informática, herboristería, idiomas e un longo etcétera.
A eles súmanse os incluídos no Ti
tamén contas, no que pediron participar 212 entidades, con actividades moi
variadas e adaptadas aos intereses dos maiores, como técnicas de memorización e
conservación da memoria, ximnasia de mantemento, dietética e nutrición, así
como informática, poda e tarefas do campo, sendeirismo, internet e correo
electrónico, cestería, músicoterapia,encaixe de palillos….
70 cursos na comarca de
Pontevedra
Do amplo abano de actividades que se van desenvolver nos 62 concellos da provincia,
70 realizaranse nos 8 concellos que integran a comarca de Pontevedra.
De todos eles, os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas, con os que
concentran un maior número de actividades. Así, na capital desenvolveranse 11
cursos no marco do programa Pensa en Ti,
da man das Asociacións de Veciños Santa María,
San Roque, Boa Vila, San Andrés, Bora, O Castro de Mourente e A Capela,
así como da Asociación Cultural Veira do Río, a de Mulleres Rurais, Os Muíños
de Marcón, Chan do Monte e O Castelo.
Os cursos abarcan corte e confección, danza do ventre, manualidades,
musicoterapia, pilates, técnicas de memorización e conservación da memoria,
vaíñas e bordados, xardinería, ximnasia de mantemento e zumba. A eles súmanse
os solicitados outros 10 solicitados no marco do Ti Tamén Contas polas
asociacións O Castro, A Capela, Heroes de Pontesampaio, San Andrés, San Roque,
Centro sociocomunitario, Boa Vila, e AAVV de Bora.
En Pontecaldelas impartiranse un total de 12 cursos do programa Pensa en Ti
e 6 do Ti Tamén Contas, e as entidades beneficiarias son Asociación Cultural
Alborada, Asociacións de Mulleres do Verdugo e de Xustáns, asociacións de
veciños de A Roca, Anceu, Taboadelo, San Martín de Xustáns, Rebordelo e Nosa Señora do Castro e as asociacións
culturais de Laxe das Cruces, O Torreiro, O Carballo da Capilla e Santa Teresa
de Chaín.
En Cotobade impartiranse tamén 6 cursos do Pensa en ti e 7 do Ti Tamén
Contas; Barro contará cunha actividade de Zumba no marco do Pensa en Ti; Campo
Lameiro dúas de Pensa en Ti e 1 de Ti Tamén Contas; En A Lama organizaranse 9
cursos; en Poio 4 e en Vilaboa 2.
No hay comentarios:
Publicar un comentario