LOUZÁN CUALIFICA DE “MAGNÍFICA NOTICIA” QUE PONTEVEDRA LIDERE A BAIXADA DO PARO EN ESPAÑA E ANIMA A SEGUIR TRABALLANDO PARA XERAR EMPREGO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 5 de agosto de 2014

LOUZÁN CUALIFICA DE “MAGNÍFICA NOTICIA” QUE PONTEVEDRA LIDERE A BAIXADA DO PARO EN ESPAÑA E ANIMA A SEGUIR TRABALLANDO PARA XERAR EMPREGO




Lembra que son aínda “miles de persoas as que están nunha situación difícil” pero confía en que siga medrando o emprego

·       Destaca as medidas adoptadas pola Deputación, pero incide en que “non debe ser só a administración pública a que actúe, ten que actuar tamén o ámbito empresarial”
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, cualificou esta mañá de “magnífica noticia que a todos nos enche de ledicia” o feito de que “a provincia de Pontevedra lidere a baixada do paro en España”, con 5.022 desempregados menos no mes de xullo.
Malia todo, Louzán incidiu en que “é preciso que seguir traballando” e impulsando medidas que favorezan a creación de emprego “porque son aínda miles de persoas as que están nunha situación difícil”.
Tras destacar a acción da Administración Provincial, entre os que citou os 100 traballadores que comezarán nestes días a realizar tarefas de recuperación do Camiño Portugués a Santiago e os 2.500 mozos e mozas que optan a unha das 500 prazas do II Plan de Práctica Laboral en empresas, Louzán fixo un chamamento á implicación de toda a sociedade para dar a volta ao maior problema do país, que segue sendo o paro.
Neste sentido, subliñou que “non debe ser só a administración pública a que tome medidas, senón que ten que actuar tamén o ámbito empresarial”.
Louzán amosouse confiado en que, con esta implicación, “esperamos seguir nesta senda de recuperación en meses sucesivos, porque hai moito camiño por percorrer e temos que seguir traballando nesa dirección”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario