·
Na sesión,
aprobaráse o convenio marco cos concellos, o anteproxecto de explotación, o
regulamento e a contratación, baixo a modalidade de concesión, da xestión do
Servizo.
·
Os grupos da
Corporación darán tamén o seu visto bó ao acordo para construir unha Planta de
Compostaxe en Pontevedra.
O Pleno da
Deputación de Pontevedra aprobará o vindeiro venres o expediente para a xestión
_por parte da Deputación e con carácter supramunicipal_ do Servizo de Recollida
e tratamento de residuos domésticos e asimilables así como a xestión dos puntos
limpos nos concellos da provincia de Pontevedra. Na mesma sesión aprobaráse
tamén o acordo suscrito entre a institución provincial e o Concello de
Pontevedra para a construcción dunha Planta de Compostaxe no termo municipal
pontevedrés.
O expediente para a
xestión do Servizo de Recollida e Tratamento de residuos implicará aprobar o
convenio marco que a Deputación suscribirá con 21 concellos con poboación
inferior aos 50.000 habitantes así como dar o visto bó á
aprobación do anteproxecto de explotación e estudio de viabilidade do contrato
de xestión destes servizos públicos.
Implicará tamén
aprobar o regulamento do Servizo e a súa contratación, baixo a modalidade de
concesión. A contratación será por procedemento aberto e cun coste unitario de
159 euros por tonelada, cun prezo
vencellado ás tarifas.
Na sesión plenaria
ratificaráse tamén o acordo entre a Deputación e o Concello para construir
unha Planta de Compostaxe en Pontevedra
que permita tratar unhas 15.000 toneladas de materia orgánica e restos
vexetais.
O Concello encargaráse de buscar os terreos precisos e de
poñélos á disposición da Deputación que elaborará previamente un estudio de
viabilidade que determinará, entre outras cousas, a tecnoloxía máis apropiada para a planta, a capacidade de
tratamento idónea, a man de obra necesaria, as condicións de localización e
ambientais e unha análise de gastos e ingresos.
En paralelo ao citado
estudio, a Deputación sacará a concurso a contratación de 1.500 composteiros
para distribuir entre os cidadáns.
A Planta de Compostaxe
procesará unha parte importante dos residuos da provincia co que se
eliminarán gastos de transporte e se mellorarán as condicións ambientais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario