Destaca o compromiso do presidente do Goberno
“coa súa terra”
· Confía
en que Ángela Merkel realice algún treito do Camiño durante a súa estadía en
Galicia
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, situou a Mariano Rajoy coma “o mellor embaixador de Galicia” no mundo. Así o
asegurou en resposta a preguntas dos xornalistas sobre a próxima reunión en
Santiago do presidente do Goberno coa chanceler alemá Angela Merkel e as
posibilidades de que faga un treito do Camiño de Santiago.
Louzán amosouse confiado en que efectivamente
Merkel faga este percorrido pola ruta xacobea e contribúa así á difusión e
promoción exterior de Galicia.
O responsable da Administración provincial lembrou
que nos días previos á visita do primeiro ministro de Xapón a Santiago, o
propio Rajoy lle comunicara que en agosto “teriamos outra boa noticia para
Galicia”. Esa noticia, indicou o titular da Deputación, é “a visita da máxima
responsable da locomotora económica de Europa, que non é outra que Alemaña”.
“Que veña a Santiago o primeiro ministro da
terceira economía do mundo, que é Xapón; e que volva vir a Santiago a máxima
responsable da locomotora económica de Europa e que poidamos tela aquí para
ensinarlle as excelencias de Galicia, fala alto e claro da implicación do
presidente do Goberno de España en relación á súa terra, como mellor embaixador
que ten”, concluíu Louzán, quen contrapuxo este compromiso con Galicia á
actitude do anterior presidente do Goberno que “non só non trouxo nada, senón
que nin el mesmo veu a Galicia”.
Neste sentido, agradeceu o trato de Mariano Rajoy
a Galicia “que exerce de galego en Madrid, en Europa e no mundo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario