362 asociacións de todos os concellos da provincia solicitaron participar
no programa Coñece a túa provincia
·
Arousa e
Deza, entre as comarcas que máis desexan visitar os beneficiarios do programa
Un total de 20.959 persoas participarán este ano no programa Coñece a túa provincia. Farano da man de
362 asociacións de todos os concellos que solicitaron participar neste
programa, co que a Deputación de Pontevedra busca promover o turismo interior e
animar á poboación a coñecer os recursos propios, á vez que contribúe ao
dinamismo dos diferentes colectivos, facilitándolle a organización de
actividades para os seus socios.
Arousa e Deza son as comarcas máis demandadas polos usuarios deste
programa. Así, as dúas rutas con máis demanda nesta edición son a que levará
aos participantes a Ons e ás vilas mariñeiras de Sanxenxo e Portonovo, con 66
asociacións que demandaron esta viaxe, seguida pola coñecida como Ruta
Marítima, que inclúe un paseo en barco de Arousa-O Grove cunha degustación de
produtos do mar, visita a O Grove e á Illa de A Toxa, miradoiro de Siradella e
paseo de Pedras Negras, e que demandaron 44 asociacións.
A terceira ruta máis solicitada, con 32 peticións, é a que se adentra na
comarca do Deza e Tabeirós, con visita a Lalín, mosteiro de Carboeiro, fervenza
do Toxa, Museo Ramón María Aller e conxunto natural e etnográfico de Codeseda.
Redondela é o cuarto destino máis solicitado (30 asociacións), cunha ruta
que inclúe visita ao seu conxunto histórico, á praia e porto de Cesantes, á
Illa de San Simón e ao paso do Camiño de Santiago.
Kayak e surf
O programa oferta outras 18 rutas, todas elas con demanda por parte das
asociacións e que levará a 21.000 persoas de diferentes colectivos (mulleres,
mozos, maiores, persoas con discapacidade, asociacións de veciños….) a coñecer
o mellor da provincia, tanto no que respecta a recursos naturais como
arquitectónicos, históricos, etnográficos, culturais e, incluso, de turismo
activo, como as dúas rutas denominadas Xuventude
no mar, que inclúe a práctica de surf ou kayak nas praias de Patos e da
Madorra unha delas e de kayak na ría de Aldán a outra.
As rutas incluídas no programa son as seguintes
|
DETALLE
|
ASOCIACIÓNS
QUE A SOLICITARON
|
RUTA 1
|
Edificios da Deputación de Pontevedra: Pazo
provincial, palacete das Mendoza, Museo de Pontevedra, pazo de Lourizán e
castelo de Soutomaior
|
4 Asociación
|
RUTA 2
|
Pazo de Oca, mosteiro de Santa María de Aciveiro,
visita a Sabucedo, visita á Estrada
|
15
asociacións
|
RUTA 3
|
Lalín, mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro,
fervenza do Toxa, Museo Ramón María Aller, visita ó núcleo urbano de Lalín,
conxunto natural e etnográfico de Codeseda (Museo Etnográfico, Casa do
Patrón, paseo fluvial, aldea de Codeseda e muíños)
|
32 asociacións
|
RUTA 4
|
47
|
|
RUTA 5
|
Enoturismo: Cambados (adegas e degustación de
viño D. O. Rías Baixas), Museo Etnográfico do Viño, Barrantes, ruta dos
muíños
|
14
|
RUTA 6
|
Mosteiro da Armenteira, Ruta da Pedra e da Auga
con antigos muíños fluviais, pazo de Señoráns con visita á adega, xacemento
arqueolóxico do monte do Castro
|
10
|
RUTA 7
|
Conxunto histórico de Combarro, mosteiro de Poio,
miradoiro do monte Castrove e visita ó Centro Arquelóxico da Caeira
|
4
|
RUTA 8
|
Parque arqueolóxico de Campo Lameiro, Cerdedo
(arquitectura civil e popular), conxunto histórico de Pontevedra
|
2
|
RUTA 9
|
Redondela: conxunto histórico, Camiño de
Santiago, praia e porto de Cesantes, illa de San Simón
|
30
|
RUTA 10
|
Cangas: Santo André do Hío, cabo Home, costa de
Soavela
|
8
|
RUTA 11
|
Salvaterra de Miño: parque A Canuda, paseo
fluvial polo río Miño
Arbo: Centro de Interpretación do Viño e da
Lamprea
|
18
|
RUTA 12
|
Baiona: conxunto histórico, fortaleza de
Monterreal, carabela A Pinta, Virxe da Rocha, mosteiro de Santa María de Oia
|
8
|
RUTA 13
|
A Guarda: citania de Santa Trega, miradoiro,
porto
Tui: conxunto histórico, catedral, río Miño, paseo
|
27
|
RUTA 14
|
Fervenzas do Parque Natural da Barosa (Barro),
visita á antiga azucreira e miradoiro dos vales do Umia e exposición de
Domingo Fontán en Portas; casco vello, ponte romana e fonte das augas quentes
en Caldas de Reis; conxunto arqueolóxico de Castrolandín en Cuntis
|
16
|
RUTA 15
|
Vigo: arquitectura modernista dos edificios da
cidade, barrio mariñeiro do Berbés, monte do Castro, monte da Guía
|
1
|
RUTA 16
|
Templo votivo e arco visigótico de Panxón, porto
pesqueiro, miradoiro de Monteferro, pazo de Cea, pazo da Touza
|
1
|
RUTA 17
|
A Illa de Ons, vila mariñeira de Portonovo e
Sanxenxo
|
66
|
RUTA 18
|
Xuventude no mar (kayak ou surf na praias de
Patos e da Madorra), Nigrán, Baiona
|
3
|
RUTA 19
|
Xuventude no mar II (kayak na ría de Aldán),
visita ós cantís da costa de Soavela, paseo por cabo Udra
|
2
|
RUTA 20
|
Ruta de Antonio Palacios, paseo do Louro, visita
a Cans (O Porriño), área recreativa da Freixa (Ponteareas)
|
1
|
RUTA 21
|
Vilagarcía de Arousa (petroglifos dos Ballotes,
Ruta dos Pazos, miradoiro de Lobeira), visita a Vilanova de Arousa (Casa
Museo de Valle-Inclán), A Illa de Arousa (paseo marítimo do Cantiño)
|
23
|
RUTA 22
|
Mondariz: castro de Troña, castelo de Sobroso,
Mondariz-Balneario, Virxe da Franqueira, Covelo
|
27
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario