A DEPUTACIÓN ABRE UN NOVO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA CONCELLOS E CENTROS DA DEPUTACIÓN, CUNHAS 250 BOLSAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 20 de diciembre de 2014

A DEPUTACIÓN ABRE UN NOVO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA CONCELLOS E CENTROS DA DEPUTACIÓN, CUNHAS 250 BOLSAS



Os titulados universitarios e de ciclos superiores poderán presentar as súas solicitudes do 23 de decembro ao 12 de xaneiro

A Deputación de Pontevedra pon en marcha un novo Plan de Práctica Laboral para concellos e centros da Deputación, no que se concederán unhas 250 bolsas, das cales o 80% irá destinada a concellos e o 20% restante á administración provincial.
Así o acordou esta mañá a Xunta de Goberno, que aprobou as bases reguladoras que rexerán a concesión das bolsas, destinadas a titulados universitarios e de ciclos superiores.
Os mozos e mozas interesados en acceder a este plan terán que ter obtido a súa titulación con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, estar inscritos no Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra e estar empadroado nun concello da provincia con anterioridade ao 1 de xuño de 2014.
Ademais, será preciso non ter experiencia previa na profesión na que van realizar as prácticas.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 23 de decembro ao 12 de xaneiro.
As titulacións máis solicitadas son: Diplomatura/grao en Turismo; Ciclo Superior de Administración e Finanzas; Licenciatura/grao en Dereito; Diplomatura/grao en Traballo Social; Ciclo Superior Animación Sociocultural e Turística; Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública; Biblioteconomía e Documentación ou Información e Documentación; Licenciatura/grao en Economía; Licenciatura/grao en Xornalismo; Enxeñería Técnica de Obras Públicas ou Grao en Enxeñería de Obras Públicas; Diplomatura/grao de Relacións Laborais ou Relacións Laborais e Recursos Humanos; Licenciatura en Administración e Dirección de empresas e Diplomatura/grao en Educación Social         .
Un ano de prácticas profesionais
Tal e como recollen as bases do programa, as bolsas terán unha duración de seis meses prorrogables por outros seis, de forma que os bolseiros poderán permanecer no centro de traballo que lles corresponda por  un ano.
As bolsas serán de 700 euros no caso dos titulados de ciclo superior e de 800 euros para universitarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario