A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBOU ONTE DESTINAR 6,2 MILLÓNS € PARA CONTRATAR 1.500 DESEMPREGADOS PARA OBRAS DE SERVIZOS BÁSICOS NOS CONCELLOS PERANTE UN ANO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 31 de diciembre de 2014

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBOU ONTE DESTINAR 6,2 MILLÓNS € PARA CONTRATAR 1.500 DESEMPREGADOS PARA OBRAS DE SERVIZOS BÁSICOS NOS CONCELLOS PERANTE UN ANO



A Deputación de Pontevedra aprobou onte  as bases do Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais  que prevé a contratación de uns 1.500 desempregados para traballar nos concellos da provincia.
Acordou destinar 6,2 millóns de euros para estas contratacións que teñen unha dobre finalidade: por unha banda, facilitan a inserción laboral de persoas que carecen de emprego e de prestacións e, pola outra, facilitáselle aos concellos unha man de obra que precisan e que, ante a escaseza de recursos, lles resulta moi difícil contratar sen o apoio da Deputación.

O reparto de operarios realizarase en función da poboación dos concellos. A Deputación financiará o custo salarial total, incluída a cotización á seguridade social, dos traballadores, que terán unha xornada laboral de 25 horas semanais. Os contratos serán por un período de seis meses.
 
Os concellos teñen ata o 2 de febreiro de 2015 para solicitar os traballadores que precisan, indicando os labores que vai realizar e o perfil que precisan.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, deu conta hoxe deste acordo plenario e lembrou que ata o  12 de xaneiro está aberto o periodo de inscrición para que 200 titulados superiores opten a outras tantas bolsas de traballo, perante un ano, nos concellos.

As titulacións son as que demandaron os propios concellos e van dende titulados en Informática ata Administración e Finanzas, Traballo Social, Xestión Pública, Dereito, Bioloxía, Economía ou Turismo, entre outras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario