Os concellos disporán ata comezos de febreiro para
solicitar as axudas
·
En 2014 subvencionáronse 215 actividades en toda a
provincia
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as
bases que regularán o Plan de Acción Municipal 2015, co obxecto de apoiar aos
concellos da provincia na organización e financiamento de actividades de
carácter social, cultural e deportivo.
A esta finalidade, a Administración provincial
destinará unha achega de un millón de euros, que os concellos poderán solicitar
desde o día seguinte á publicación das bases e ata comezos do mes de febreiro.
As axudas van destinadas ao financiamento de tres
grupos de actividades orientadas á dinamización social, cultural e deportiva
das entidades locais.
Así, no ámbito cultural financiaranse actividades
de difusión, artísticas, lúdicas e formativas e na área deportiva poderán
contar con apoio económico a organización ou participación en eventos
deportivos, as actividades de fomento do deporte a as de formación deportiva.
Na área social, poderán acollerse a esta liña de
axudas as iniciativas destinadas á atención a persoas en risco de exclusión
social, as de promoción de hábitos saudables e prevención de drogodependencias,
a detección e atención a situacións de emerxencia social e as accións de
formación, divulgación e promoción de carácter social.
En 2014, subvencionáronse 215 actividades en toda a provincia, das cales o
40 por cento foron actividades de carácter socio-cultural, 80 festas
tradicionais e populares e 50 eventos deportivos
No hay comentarios:
Publicar un comentario