A comarca de O Salnés concentra o maior número de beneficiarios, cun total
de 74 produtores, seguidos do Baixo Miño con 19
· Recibirán un total de
300.000 euros para a renovación ou reparación de plásticos e estruturas dos
invernadoiros
Un total de 105 agricultores dedicados á produción
hortícola e florícola beneficiaranse das axudas que a Deputación de Pontevedra
ven de aprobar para cultivos baixo abrigo da provincia.
As axudas van
destinadas á adquisición, reposición e colocación de plásticos nas cubertas dos
invernadoiros e á reparación
e mantemento das estruturas metálicas dos invernadoiros (piares, arcos,
crucetas, canelóns…) que debido ás condicións climáticas adversas e ó paso do
tempo se deterioran ou degradan.
A contía pode
chegar ao 50% do investimento necesario, cunha cantidade máxima de 3.000 euros.
Os
beneficiarios son horticultores asociados (Cooperativas, SAT, etc.) ou ben hortofloricultores que, a título individual,
destinan ao cultivo de produtos de horta e flor en invernadoiro cunha
superficie mínima de 500 metros cadrados.
Tendo en
conta que a comarca do Salnés e o Baixo Miño concentran boa parte da produción
hortoflorícola da provincia, a maioría dos beneficiarios das axudas concedidas
están radicados nesta área e, especialmente, no concello de Cambados, cun total
de 35 produtores acollidos a estas axudas.
Vilanova de
Arousa con 14 beneficiarios, O Rosal con 12, Ribadumia con 11 e Meis con 10,
séguenlle en número de produtores acollidos a estas axudas.
Ademais, tamén recibirán subvención produtores
do concello de Barro (1), Caldas de Reis (1), A Estrada (2), A Guarda (1),
Mondariz (2), Moraña (1), As Neves (1), Oia (1), Portas (4), Tomiño (5) e
Vilagarcía (4).
No hay comentarios:
Publicar un comentario