• Terá un importe total de 898.640 € e un prazo de execución de once meses.
• A parcela é de 5.136 metros cadrados e a superficie útil do novo edificio de volumesortogonais será de 1.200
• Albergará cafetería, auditorio, oficiñas, salas multiusos e outras dependencias
A Deputación de Pontevedra convocou a contratación dunha obra para construir, por 898.640 € e un prazo de execución de once meses, un Centro de Servizos e ApoioEmpresarial nunha parcela de 5.136 metros cadrados do polígono industrial de Barro-Meis.
A obra responde a que, unha vez adxudicadoo Viveiro de Empresas que acollerá no parque industrial a novos emprendedores e unha vez que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación do 50%, a Deputación querecomplementar o desenvolvementourbanístico do parque cun Centro de Servizose Apoio ás empresas instaladas que, aotempo, proporcione novos espazos para a celebración de reunións, oficiñas, salas, auditorio, servizo de restauración, cafetería e outros.
O novo Centro será un edificio de planta baixa, primeira e baixo cuberta. Na planta baixa albergaráse unha cafetería, servizos e oficiñas. Na primeira, un espazo para Auditorio e salas multiusos ademáis de almacéns e outras dependencias. No baixocuberta, irán os cuartos preciso para o funcionamento e ubicación das instalacións.
A edificación terá unha forma baseada en volumes ortogonais, cunha superficie útil próxima aos 1.200 metros cadrados.
Cuberta do Pazo Provincial
Doutra banda, a Deputación tamén convocouconcurso para obras de conservación na cuberta do Pazo Provincial por 164.459 euros e un prazo de execución de 120 días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario