A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON Á DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS DA PROVINCIA 1,5 MILLÓNS DE EUROS PARA ANTICIPOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 23 de diciembre de 2014

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON Á DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS DA PROVINCIA 1,5 MILLÓNS DE EUROS PARA ANTICIPOS




·       Na xunta de goberno do venres aprobou tamén destinar 1 millón de euros para financiar obras de interés comunitario que leven a cabo comunidades veciñais, entidades ou asociacións de veciños

Os concellos da provincia de menos de 25.000 habitantes que precisen financiamento para obras e servizos en 2015 poderán acollerse á liña de axudas que abre a Deputación, cunha achega de 1,5 millóns de euros destinada a anticipos.
Os anticipos concederanse por concorrencia competitiva e os concellos interesados poderán solicitalos ata o 2 de febreiro de 2015.
Destinaranse prioritariamente á achega económica que os concellos deban asumir para poder executar proxectos que conten con financiamento de outras administracións e que requiran de cofinanciamento municipal. Tamén se poderán solicitar anticipos para obras e servizos dos propios concellos e, en casos excepcionais, para operacións de tesourería.
O importe máximo do anticipo será do 80% do investimento e cun máximo de 400.000 euros. Os concellos non terán que abonar xuros por estes anticipos.
Un millón para financiar obras comunitarias
Doutra banda, na xunta celebrada o venres, o goberno provincial aprobou tamén que as agrupacións e asociacións de veciños dos 62 concellos da provincia de Pontevedra disporán en 2015 de un millón de euros para obras de interese comunitario.
A Xunta de Goberno aprobou as bases do Programa de Acción Comunitaria ao que as asociacións poderán concorrer ata o 2 de febreiro de 2015.
Financiaranse tanto obras como adquisicións que redunden en beneficio dos veciños e veciñas, ben sexa construíndo, mellorando ou rehabilitando infraestruturas en núcleos rurais ou urbanos, ou ben reforzando ás propias asociacións para que poidan cumprir mellor cos seus obxectivos de apoio e promoción da participación cidadá.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario