A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DECLAROU DESERTO O CONCURSO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 28 de diciembre de 2014

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DECLAROU DESERTO O CONCURSO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS



·       Os técnicos destacan que a oferta e o estudio de viabilidade de FCC-Celta Prix incumpre claúsulas do pliego administrativo e non está xustificada
·       A oferta presentada non repercute a baixada proposta na oferta na disminución dos ingresos previsibles
·       Os técnicos dín que, en aras do interés público, <non se pode adxudicar un concurso coa máis mínima dúbida pois trátase dunha concesión a 25 anos>
·       <A decisión adoptada non quere decir que se aparque o proxecto>, sinalan.

A Mesa de Contratación da Deputación _celebrada onte para valorar a oferta económica e o estudio de viabilidade do concurso de recollida e tratamento de residuos domésticos_ desestimou a oferta presentada pola UTE FCC-Celta Prix e declarou deserto o concurso.
A decisión foi adoptada dacordo co informe emitido polos técnicos provinciais que consideran que a oferta económica e o estudio de viabilidade incumple distintas claúsulas do pliego administrativo, non está suficientemente xustificada e está mal plantexada.
Según o citado informe, a oferta non repercute a baixada proposta na oferta _de case un 20%, ao baixar o tipo de licitación de 159,09 euros a 129,01 euros_ na disminución dos ingresos previsibles da Ordenanza Provincial e, en consecuencia, nunha baixada das tasas que no futuro deberían pagar os veciños para costear o Servizo.
Esto motivou que _para velar polo interés público e polo dos cidadáns e concellos que confiaron na Deputación para xestionar con eficacia e eficiencia un Servizo tan complexo como o de recoller os residuos_ os técnicos acordasen non adxudicar o concurso.
 <Non se pode adxudicar un concurso coa máis mínima dúbida, xa que estamos a falar dunha concesión de 25 anos de duración>, manifestou o responsable da Mesa de Contratación.
A decisión adoptada non supón a corto plazo un perxuizo grave para os concellos, que seguirán prestando o Servizo como o fan na actualidade con medios propios en 16 concellos, e prorrogando a concesión actual noutros casos. Deixar deserto o concurso non quere decir tampouco que se aparque o proxecto pois a Deputación seguirá traballando para poñer en marcha unha iniciativa pioneira que entende moi beneficiosa para os concellos.
Ao concurso presentaranse as empresas Ascan-Civis Global-Geaser; Elsan- Inbisa; e FCC- Celta Prix.  Debido as elevadas esixencias dos pliegos, as dúas primeiras non superaron o corte establecido como mínimo para valorar criterios de planificación e organización do Servizo. Por eso solo se abriu a oferta de FCC-Celta Prix, finalmente descartada polos técnicos polas anteditas razóns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario