A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA 1,5 MILLÓNS DE EUROS A ENTIDADES CULTURAIS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 23 de diciembre de 2014

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA 1,5 MILLÓNS DE EUROS A ENTIDADES CULTURAIS DA PROVINCIA



·       O Plan Cultural inclueu en 2014 a 1.244 grupos

·       Para subvencións de apoio á Cultura aporta 800.000 €
·       O prazo para solicitar axudas remata o 2 de febreiro

A Deputación de Pontevedra aprobou destinar en 2015 un total de 1,5 millóns de euros a actividades culturais na provincia de Pontevedra, a través do Plan Cultural e da liña de subvencións para entidades sen ánimo de lucro.
O Plan Cultural contará cun orzamento de 650.000 euros e vai destinado a apoiar ás distintas agrupacións musicais e artísticas da provincia, garantíndolles ata 10 actuacións anuais.
Destinatarios
Trátase dun programa que ten un enorme éxito e no que cada ano participan máis grupos. En 2014 foron 1.244 os grupos que se acolleron a este plan, integrados por unhas 30.000 persoas.
O Plan Cultural vai dirixido a bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas e agrupacións de música tradicional, clásica ou de teatro.
As agrupacións interesadas en acollerse ao programa terán de prazo ata o 2 de febreiro de 2015.
No que respecta ás SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA contan cun orzamento total de 800.000 euros e van dirixidas a entidades sen animo de lucro que traballen no fomento e promoción da cultura. Establécense 3 liñas de axuda diferentes:
Tres liñas de axuda
A primeira é para o financiamento de actividades culturais como concursos literarios ou xornalísticos, festivais folclóricos, intercambios culturais, certames…. Cun orzamento de 350.000 euros. A segunda, para o financiamento de infraestruturas, cunha achega de 300.000 euros e destinada a mellora, construción ou rehabilitación de centros culturais ou restauración de monumentos. E a terceira, para instrumentos e vestiario, cunha achega de 150.000 euros á que poderán acollerse as entidades e asociacións musicais que precisen apoio para a adquisición ou arranxo de instrumentos ou vestiario propio.
O prazo de presentación de solicitudes remata tamén o vindeiro 2 de febreiro de 2015.


No hay comentarios:

Publicar un comentario