AS NAVES DO GRUPO FRÓIZ NO POLÍGONO DE BARRO-MEIS CENTRALIZARÁN O SEU ALMACENAMENTO DE MERCANCÍAS PARA DISTRIBUILAS EN ESTABLECEMENTOS ABERTOS AO PÚBLICO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 21 de diciembre de 2014

AS NAVES DO GRUPO FRÓIZ NO POLÍGONO DE BARRO-MEIS CENTRALIZARÁN O SEU ALMACENAMENTO DE MERCANCÍAS PARA DISTRIBUILAS EN ESTABLECEMENTOS ABERTOS AO PÚBLICO



·       Na actualidade, o Grupo ten plataformas e almacéns en Lourido (Poio), no Porto de Vigo, en Lérez (Pontevedra), na Ramallosa (Nigrán), en Valladolid e en Braga (Portugal)
·       Froiz prevé un aumento da actividade derivada da compra do Grupo Ekoama e de Supermercados Moldes
·       Creará 500 postos de traballo de nova creación e as edificacións previstas inclúen unha Gardaría e un Comedor

A expansión prevista polo Grupo Froiz obrígalle a crear unha nova plataforma loxística de grandes dimensións no polígono de Barro-Meis que lle permita atender o almacenamento de mercancía para a súa distribución aos establecementos abertos ao público e na que se prevé crear 500 postos de traballo de nova creación.
Segundo o proxecto que o Grupo Froiz presentou na Deputación de Pontevedra, na actualidade, o grupo dispón de plataformas e almacéns para abastecer diariamente aos seus puntos de venta en Lourido (Poio), con dous almacéns de alimentación seca e loxística en frío de hortalizas, froitas e lácteos; no Porto de Vigo, para a compra, xestión e distribución de pescado e marisco fresco; en Lérez (Pontevedra), para a distribución de produtos conxelados; na Ramallosa (Nigrán), onde centraliza as referencias de chacinería; en Valladolid, onde se distribúen e centralizan mercancías para o mercado de Castela-León; e en Braga (Portugal), onde se xestionan compras e centralízase e distribúese o produto procedente de provedores portugueses.
Actividade e centralización
O Grupo prevé un notable incremento da súa actividades nos vindeiros anos como consecuencia da adquisición de varias empresas como o Grupo Ekoama ou o Grupo Victoriano Moldes.
Por esta razón, as súas actuais instalacións serán insuficientes para o volume de mercancía requirido e esa é a razón pola que os directivos de Froiz decidisen adquirir 73.394 metros cadrados en Barro-Meis para centralizar o almacenamento nun único lugar.
Parcelas e naves
Nas dúas parcelas, Froiz construirá dúas naves. Na primeira parcela, de 44.826 metros cadrados, edificará unha nave loxística para produto seco de 20.000 metros en planta e 121,5 de alto; un anexo á nave principal para carga de baterías e pallets; un edificio para comedor e vestiarios de 260 metros; unha garita de control de accesos; unha instalación para abastecer gasóleo a camións de 415 metros; e un túnel de lavado de camións de 165 metros. Nesta parcela, as zonas axardinadas totalizan 2.800 metros e o resto serán pavimentacións para manobras de camións, párking e zonas de circulación.
Na segunda parcela, de 27.847 metros, edificará unha nave de produto fresco de 6.000 metros cadrados e 12,5 metros de alto, e unha garita de control de accesos. As zonas axardinadas ocuparán 1.800 metros cadrados e o resto será zona de párking e circulación.
A maiores, o Grupo prevé dotar ao complexo industrial dunha Gardaría e dun Comedor para servizo dos traballadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario