A DEPUTACIÓN APROBA A LICITACION DUNHA DEPURADORA DE RESIDUAIS PARA O POLÍGONO DE BARRO-MEIS POR 1,2 MILLÓNS € - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 13 de febrero de 2015

A DEPUTACIÓN APROBA A LICITACION DUNHA DEPURADORA DE RESIDUAIS PARA O POLÍGONO DE BARRO-MEIS POR 1,2 MILLÓNS €




Deputación de Pontevedra aprobouhoxe, na súa xunta de goberno, a licitación dunha depuradora para o polígono industrial de Barro-Meis por 1,2 millóns de euros. A nova depuradora ubicaráse na parcela nº 41 do polígono, que tén unha superficie de 1.973 m2.
Nas condicións da licitación, figura que deberá ser unha planta de depuración con capacidade ampliable no futuro. E establécese que o caudal medio diario actual será de 23,8 m3 por hora e o caudal punta de horario actual de residuais de 80,2 m3/h.. No futuro, a planta deberá posibilitar caudaismedio diario de 47,6 m3/h. e un caudal punta horario de 160,5 m3/h.
A realización da obra é precisa polaradicación en Barro-Meis dun importante número de empresas, que se incrementa coa compra por parte de Supermercado Fróiz de 16 parcelas e 75.194 m2. Na actualidade, o polígono tén ocupados máis do 50% do seuchan industrial. Como novas empresas se interesaron polas parcelas, a Deputación ténaberto un periodo de enaxenación directa de parcelas ao prezo de 105 €/M2. Este prezoera antes de 125 €/m2. A Deputación oferta unha superficie aproximada de 130.000 m2

No hay comentarios:

Publicar un comentario