A quinta edición da marcha solidaria nocturna a Santiago de Compostela, a 'Pontevedrada',
está á volta da esquina e os máis previsores xa poden confirmar a súa
participación. A Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) abre este luns 2 de febreiro o prazo de inscrición para participar.
Este ano, como novidade, a inscrición será voluntaria economicamente para dar viabilidade organizativa a cantos marchosos solidarios veñan e tamén colaborar con asociacións que fomentan a doazón. A inscrición voluntaria pódese facer previamente ou o mesmo día da saída na Praza da Ferraría pontevedresa ao retirar a documentación e o número.
A marcha supón o percorrido ininterrompido a pé de 63 quilómetros polo Camiño Portugués a Santiago dende Pontevedra ata a Praza do Obradoiro, todo coa finalidade de concienciar á sociedade sobre a importancia da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
A cita con esta marcha solidaria será o sábado 25 de abril ás 20.00 horas na praza da Ferrería. O percorrido incluirá paradas en Barro, Caldas de Reis, Valga e Padrón e a chegada a Santiago prevese a partir do mediodía do domingo 26. En todo caso, non é obrigatorio completar todo o percorrido e os participantes contan con apoio loxístico de vehículos de asistencia en ruta.
Os organizadores aconsellan aos participantes que utilicen chaleco reflectante, lanterna ou frontal e pilas de reposto, teléfono móbil cargado, bebida e alimento lixeiros, roupa de abrigo e chuvasqueiro, bastóns de trekking, calzado e calcetíns de reposto e unha pequena caixa de primeiros auxilios.
http://pontevedraviva.com/xeral/17660/quinta-pontevedrada-solidaria-santiago-abre-prazo-inscricion-anticipada/

No hay comentarios:
Publicar un comentario