O titular da Xunta visitou onte as novas instalacións da Casa do Concello de Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 28 de febrero de 2015

O titular da Xunta visitou onte as novas instalacións da Casa do Concello de Barro



FEIJÓO APOSTA POLA COOPERACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS PARA PRESTAR MELLORES SERVIZOS E MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS CIDADÁNS

§        Salienta a disposición da Xunta, sempre aberta a participar con outras administracións en proxectos que redunden en melloras para os veciños

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse onte ás novas instalacións da Casa do Concello de Barro como unha mostra de colaboración entre administracións. “A colaboración entre administracións é unha obriga”, aseverou, logo de avogar por sumar esforzos e ser máis eficientes co obxectivo de mellorar os servizos públicos e a calidade de vida dos cidadáns.

Nesta liña, Feijóo salientou a disposición da Xunta, sempre aberta a participar con outras administracións en proxectos que redunden en melloras para os veciños.

Ademais das novas instalacións da Casa do Concello de Barro que dará servizo aos máis de 3.500 veciños, proporcionando unha maior comodidade para que poidan levar a cabo as súas xestións, Feijóo referiuse a outras iniciativas levadas a cabo no municipio produto tamén da colaboración entre administracións, como a Escola Obradoiro Santiago Apóstol III ou a escola infantil, con máis de 60 prazas.

Así mesmo, lembrou que en plena crise económica, ademais de manter os servizos públicos, “fomos quen de facer un dos nós máis importantes, o nó de Curro, cun investimento de 50 millóns de euros”, concluíu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario