·
Inicialmente, a
cantidade do PPOS 2015 era de 12 millóns e foi ampliada hoxe con outros 18
procedentes da liquidación dos orzamentos do ano pasado.
·
Os concellos poderán
destinar o que lles corresponda a Inversións e só nun 30% a Gasto Corrente
·
Louzán destaca a boa
saúde financiera dos concellos da provincia que só gastaron 256.560 € en Gasto
Corrente e amortizar ou pagar débedas, cando a partida consignada para ese fin
era de 3,6 millóns.
A Deputación de Pontevedra
ampliou a dotación do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS 2015) ata os 30
millóns de euros.
Inicialmente, a institución
provincial dotara este plan con 12 millóns que foron incrementados hoxe con
outros 18 despois de recibir a liquidación dos orzamentos do ano pasado e
decidir destinar a citada cantidade de 18 millóns ao PPOS 2015.
Onte, no curso dunha comisión
informativa, foi aprobada a consignación final de 30 millóns e aprobadas as
bases do programa, algo que será ratificado no vindeiro pleno de finais de mes.
Esta cantidade de 30 millóns de
euros será distribuida entre 59 concellos da provincia (todos excepto Vigo,
Pontevedra e Mondariz Balneario) con criterios obxectivos acordados entre todos
os grupos e tendo en conta a poboación do concello (75%) e a súa extensión
(25%).
Os concellos
poderán destinar a cantidade que lles corresponda a Investimentos de calquer obra que figure dentro da súas competencias
e que, incluso, pode ser cofinanciada por outra administración; e destinar
tamén o 30% do que se lles asigne a Gasto
Corrente, é decir a amortización de débedas con entidades ou acreedores;
pago de débedas; e gasto corrente ou gasto corrente novo.
Só 10 concellos usaron o 30% para
Gasto Corrente
O presidente
da Deputación, Rafael Louzán, explicou onte, en rolda de prensa, que os
concellos da provincia gozan de boa saúde financieira e puxo como proba que só
10 destinaron en total 256.560 € a Gasto Corrente cando a partida total
destinada a ese fin era de 3,6 millóns € e o ano pasado non foi gastada. Os 10 concellos que destinaron un total
de 256.560 € a Gasto Corrente (con cantidades que van dos 35.867 € de Moaña a
os 19.535 e Gondomar) foron Agolada, Catoira, Cuntis, Gondomar, A Lama, Meis,
Moaña, Pontecesures, Salvaterra e Vilagarcía.
Louzán congratulouse desa boa saúde
financieira dos concellos pontevedreses pois así <poderán destinar todo o
que lles corresponde no PPOS 2015 a inversións que xeneran emprego e
riqueza>.
Pontevedra, 20 de
febreiro d
No hay comentarios:
Publicar un comentario