A xunta de goberno da
Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de 6,1 millóns de euros aos
concellos da provincia de Pontevedra para que contraten a un total de 1.467
desempregados para que desenvolvan obras municipais.
O presidente da Deputación,
Rafael Louzán, destacou que este plan hoxe dotado e concedido aos concellos
será complementado con outra cantidade a fin de chegar aos 2.200 traballadores
contratados. <E eso, a maiores do plan que xa aprobamos para que 200
titulados superiores se ocupen nos concellos e que empezarán a traballar o
vindeiro 1 de abril, un plan para o que se presentaron 1.060 xoves e que conta
con 200 plazas que estamos seleccionando>, afirmou.
O programa aprobado
chámase “Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos
municipais 2015” e as súas bases foron aprobadas polo Pleno do pasado 30 de
decembro.
Nel, a Deputación aporta a
cantidade e serán os concellos os que realizarán a selección de personal e
quénes contraten aos seleccionado.
Os contratados deberán ser
desempregados inscritos na Oficiña de Emprego e non perceptores do paro. Terán
preferencia os que leven en paro máis dun ano; non haber sido contratado polo
concello en 2015; preferir a candidatos con niveis de renda baixa; e
preferencia a candidatos con cargas familiares.
A
contratación de traballadores será para prestación de servizos mínimos
municipais e regulouse en función dos habitantes do concello:
Nº
Habitantes
|
Grupo 1
0-2000
|
Grupo 2
2.001-5.000
|
Grupo 3
5.001-10.000
|
Grupo 4
10.000-20.000
|
Grupo 5
20.001-50.000
|
Nº Traballadores
|
14
|
20
|
24
|
30
|
34
|
Categoría
|
Custo salarial total subvencionable por traballador
|
Calquera
|
4.181,88 €
|
As axudas aprobadas pola xunta de
goberno da Deputación serán para financiar, durante 6 meses, a contratación a
tempo parcial, en xornada de 25 horas semanais, a traballadores co
límite máximo de 4.181,88 € por traballador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario