Un total de 45 desempregados da provincia de Pontevedra comezaron a súa formación práctica en diferentes entidades provinciais, dentro dun itinerario práctico non laboral que puxo en marcha a Deputación a través do proxecto aQuelando3.
Estas prácticas non laborais realízanse nas especialidades formativas de: Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio; Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais; Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil; e Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais.
O fin desta modalidade
formativa é darlles unha oportunidade ás persoas desempregadas, con
formación ocupacional acreditada, poñéndoas en contacto co mercado
laboral a través da realización de prácticas non laborais.
Os
alumnos seleccionados están a realizar un total de 300 horas de
prácticas en entidades e empresas dedicadas ós sectores de atención a
persoas maiores, atención a persoas con discapacidade, desenvolvemento
de actividades de ocio e tempo libre, así como nas relacionadas cos
servizos de limpeza.As persoas participantes neste itinerario que cumpran cos requisitos indicados nas bases percibirán unha axuda para a súa formación do 75 % do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) ó mes.
630 formados e 73 contratados
Todos os beneficiarios do itinerario práctico pasarán a formar parte do
Servizo de Intermediación laboral en Atención a Persoas (SILAP) do
proxecto aQuelando3. Este é un recurso social que se encarga de
informar, orientar e facilitar a inserción no mercado de traballo
dentro do ámbito dos servizos de atención a persoas.Durante o ano pasado aQuelando3 impartiu un total de 42 cursos, dos que algún aínda se está a desenvolver. Neles formáronse 630 persoas que realizaron 300 horas de prácticas non laborais, algo que lle permitiu a cada traballador estar, durante tres meses e medio, nun centro de traballo para integrarse no mercado laboral. Ata o pasado mes de decembro o proxecto aQuelando3 posibilitou que 73 persoas atopasen un traballo remunerado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario