A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA 71 CURSOS PARA
MOZOS DE 16 A 35 ANOS CO PLAN
ACTIVATE 2015
2.000 mozos da provincia poderán completar a súa formación nas
máis de 30 especialidades que se van
impartir en 57 concellos.
Segundo o acordo aprobado esta mañá en xunta de
goberno, a Deputación de Pontevedra 57 concellos da provincia impartirán 71 cursos
de formación ó amparo do Plan Actívate 2015. Un programa dirixido a mozos e
mozas de 16 a 35 anos de idade que nesta ocasión oferta máis de 30
especialidades diferentes.
7 cursos na comarca de Pontevedra
6 concellos da
comarca de Pontevedra sumáronse á nova convocatoria do Plan que oferta máis de
30 especialidades foramtivas. Os
concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama e Poio impartirán un curso de formación cada un deles, mentres
que Vilaboa, solicitou poder ofertar dúas destas actividades.
CONCELLO
|
OBRADOIRO
1
|
OBRADOIRO
2
|
BARRO
|
REPOSTERÍA
|
|
CAMPO
LAMEIRO
|
ACOMPAÑANTE
DE COMEDOR ESCOLAR
|
|
COTOBADE
|
REPARACIÓNS
DOMÉSTICAS DE FONTANERÍA, ALBANELERÍA E CARPINTERÍA
|
|
LAMA, A
|
OBRADOIRO
DE COIRO
|
|
POIO
|
LINGUA DE
SIGNOS
|
TAPAS,
PETISCOS E CANAPÉS
|
VILABOA
|
ACOMPAÑANTE
DE COMEDOR ESCOLAR
|
Dirixidos a mozos
de entre 16 e 35 anos, os cursos teñen unha duración de 40 horas a impartir
durante dous días á semana, e con eles preténdese ofrecerlle á mocidade
actividades formativas de interese tanto para o seu desenvolvemento profesional
coma social e persoal.
Unha vez pechado o prazo de
solicitude foron 57 os concellos da provincia, dous máis que na anterior convocatoria,
os que demandaron poder impartir no seu termo municipal algún dos cursos que a
Deputación oferta.
Os concellos de máis de 15.000
habitantes que se acolleron a este programa poderán impartir dous cursos
diferentes, mentres que nos de menos de 15.000 se ofertará un único obradoiro.
71 cursos de formación
Nesta
convocatoria, os obradoiros abarcan máis de 30 especialidades diferentes.
Inclúense cursos nas áreas de: Novas
Tecnoloxías (Internet e Correo Electrónico; Iniciación á Informática;
Retoque Fotográfico por Ordenador; Iniciación ás Redes Sociais; Elaboración de
Páxinas Web); Agricultura
(Herboristería, Herbas medicinais, Creación dunha Horta Ecolóxica…); Artesanía (Obradoiro de Coiro;
Cestería; Deseño e Estampado de Camisolas, Elaboración de Xabóns Caseiros e
Perfumes Artesanais, Traballos Manuais en Tea, Papel, Madeira e outros materiais, …); Actividades artísticas (Pintura e Debuxo Artístico; Fotografía,
Retoque fotográfico por ordenador); Reparacións
domésticas e bricolaxe (Xardinería, Pintura e Restauración de Mobles;
Tapicería, Mecánica Básica do Automóbil, Reciclaxe e Reutilización…); Cociña (Cociña Tradicional Galega;
Repostería; Tapas, Petiscos e Canapés, Curso Práctico de Clasificación de Cogomelos Comestibles…) e Servizos ás persoas (Linguaxe de
Signos; Deseño, Planificación e Desenvolvemento de Actividades de Lecer e Tempo
Libre; Coidados Básicos para Persoas Dependentes; Aplicación de Técnicas de
Seguridade e Primeiros Auxilios, Acompañante de Transporte Escolar, Acompañante
de comedor Escolar…).
No hay comentarios:
Publicar un comentario