A DEPUTACIÓN CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO REGALANDO MÁIS DE UN MILLEIRO PUBLICACIÓNS AOS QUE SE ACHEGUEN Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 21 de abril de 2015

A DEPUTACIÓN CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO REGALANDO MÁIS DE UN MILLEIRO PUBLICACIÓNS AOS QUE SE ACHEGUEN Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO





·        Son títulos de temática moi variada, arquitectura, historia, etnografía, xeografía, arte, fotografía ou poesía, con especial atención ó ámbito da provincia
·        Os libros regalaranse o xoves 23 entre as 10.00 horas e as 20.00 horas
·        Todo o que se achegue ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico será obsequiado cun exemplar da produción bibliográfica da institución provincial

A Deputación de Pontevedra conmemorará o Día Internacional do Libro agasallando con máis dun milleiro de publicacións aos cidadáns que visiten o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, situado na rúa Padre Amoedo 1.
O vindeiro 23 de abril estarán a disposición do público visitante de forma totalmente gratuíta, entre as 10.00 horas e as 20.00 horas horario ininterrompido, unha ampla mostra das obras editadas polo Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o Museo de Pontevedra.

Os interesados poderán escoller 1 exemplar de entre un total de 70 títulos diferentes que abordan aspectos moi variados do patrimonio cultural e da historia da provincia e os seus concellos, obras poéticas, catálogos de arte, ensaios ou estudos de investigación que cubren os campos máis diversos...
Entre as publicacións que se ofrecerán figuran títulos como Ao pé do prelo. Seoane, editor e artista gráfico; O Tombo do Hospital e Ermida de Santa María do Camiño de Pontevedra, de Ángela Comesaña; Pazos Gallegos. Materiales para su estudio, de Durán Loriga; O Cego de Padrenda de Manuel Durán Castro; Historia da Emigración Pontevedresa en Buenos Aires, obra colectiva; El Comercio Marítimo en Galicia, de Juan Juega Puig.

No hay comentarios:

Publicar un comentario