A DEPUTACIÓN DESTINA 6000 € PARA AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA AO CONCELLO DE BARRO. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 11 de abril de 2015

A DEPUTACIÓN DESTINA 6000 € PARA AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA AO CONCELLO DE BARRO.



O organismo provincial aprobou a primeira liña de axudas  básicas de emerxencia para atender as necesidades dos veciños  de seis concellos .

Na xunta de gobernó celebrada esta maña, a Deputación de Pontevedra aprobou destinar 259.000 euros a 38 concellos de menos de 20.000 habitantes  para cubrir as demandas  de  carácter urxente e puntual das persoas nunha situación de exclusión social ou en risco de estalo,  con especial atención ás  familias con menores ó seu cargo.
6 concellos da comarca están incluidos no listado de municipios que se beneficiarán desta convocatoria de axudas.

CONCELLO
CANTIDADE SOLICITADA
Barro
6.000 €
Campo Lameiro
6.000 €
Cotobade
6.000 €
Lama, A
5.500 €
Poio
8.500 €
Ponte Caldelas
7.500 €

Esta liña de axudas van destinadas a prestar apoio ás familias e persoas que  nunha situación de dificultade económica poidan cubrir o pago de necesidades básicas como a alimentación, o uso da vivenda ou a atención sociosanitaria. Con estes fondos de emerxencia tamén se  apoia  continuidade dos menores no su entorno familiar ó abonar os gastos que garante a  súa permanencia no fogar.
No acordo aprobado hoxe,  as cuantías destinadas a cada un dos concellos beneficiarios oscilan entre os 5.500 euros e os 8.500, en función da poboación e a taxa de paro, en relación ó total da súa poboación, e respetando as cantidades subvencionadas na  convocatoria anterior.

Familias beneficiarias
Con estas axudas, en 2014,  atendeuse a preto de 1.800 familias da provincia.
As persoas usuarias beneficiarias destas axudas básicas de emerxencia serán persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios solicitantes, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para lles facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda.

Alimentación, Farmacia, Vivenda, Infancia….

Teñen prioridade no reparto deste fondos, as axudas  destinadas a Alimentación (compra de alimentos, con especial atención á adquisición dos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social así como de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.). E tamén para uso da vivenda (destinadas a posibilitar que se continúe na vivenda habitual; e para o pagamento de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, para o pago da hipoteca, de maneira excepcional, cando a contía dunha das cotas sexa inferior a 450 € e a débeda non sexa maior de seis cotas; para pago de recibos que eviten a perda de subministracións básicas da vivenda e paliar situacións de empobrecemento enerxético: recibo de electricidade, gas, gasóleo ou auga; para pago de produtos de hixiene e limpeza (destinados á compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia, líquido lavalouza e outros) así como de produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc.).; para pago de farmacia; adquisición de electrodomésticos básicos; e incluso pago de desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro deste. As axudas poden ser tamén para apoio á infancia

No hay comentarios:

Publicar un comentario