O programa ofrece alternativas de lecer
dinámico e saudable á vez que fomenta a igualdade de oportunidades para os
colectivos con diversidade funcional
A Xunta de Goberno da Deputación de
Pontevedra vén de aprobar a adxudicación
de máis de 18.000 (18.676)
prazas do programa “En ruta coa Depo” elaborado polo servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución provincial,
despois de que o pasado 22 de agosto rematase o período de inscrición no mesmo.
O programa puido superar a oferta de prazas
recollida nas bases (18.346) debido a que o prezo de adxudicación foi menor do
inicialmente previsto. Estas máis de 18.000 prazas se corresponden con 301 solicitudes e outras 68 (con 4.072
prazas) permanecerán á espera de posibles renuncias ou outras circunstancias,
posto que o máximo de prazas ofertadas se situou finalmente nas 18.705. “En
ruta coa Depo” conta, ademais, cun orzamento de 238.500 €.
“En ruta coa Depo” ten como finalidade
mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos
colectivos sociais da provincia de Pontevedra a través da promoción da
igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional,
ofrecendo alternativas de ocio e tempo de lecer dinámico e saudable á poboación
xuvenil da provincia así como o asociacionismo xuvenil e, ademais, promovendo
rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o
intercambio de experiencias nas que participen activamente as nenas e nenos.
Este programa, ao que se puideron presentar
todas as entidades sociais da provincia de Pontevedra, consiste na creación de rutas específicas que consigan crear
espazos lúdicos onde nais e pais e titoras ou titores, entre outras persoas, poidan gozar cos nenos e nenas dun ocio
común, san, alternativo e divertido, que á súa vez faga doada a
conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias
estivais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario