- Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miƩrcoles, 28 de septiembre de 2016



Sheila GarcĆ­a, natural de Barro, ao igual que resto da sĆŗa familia, Ć© unha nova arquitecta de mente inquieta. Ao vivir en primeira persoa a sangrĆ­a de habitantes da sĆŗa aldea, asĆ­ como o desaproveitamento duns espazos rurais que foron desprazados cara unha especie de esquecemento, decidiu por as mans e a cabeza a traballar e elaborou una proposta de proxecto que viu a luz, hai un par de semanas, baixo o nome de Especies de Espazos.
-¿Como nace o seu proxecto de recuperaciĆ³n?
-Era algo que viƱa tendo na cabeza dende hai un tempo e nace ao comprobar a vida do rural. Unha constante perda de patrimonio, falta de equipos, de material, da despoboaciĆ³n... Decateime que faltaban lugares onde a xente puidera quedar, reunirse. Ao mellor non nun nĆŗcleo como San AntoniƱo, pero o resto de aldeas de arredor carecen desta idea de espazo fĆ­sico. Incluso un sendeiro coma o CamiƱo PortuguĆ©s non estĆ” aproveitado polos veciƱos.
-¿E que propĆ³n?
-Moi resumidamente, poderƭamos falar da idea de crear unha rede que aglutine espazos onde os veciƱos poidan reunirse, pasear, ou realizar calquera idea ou tema que propoƱan, sen a necesidade dun gran presuposto, simplemente debemos aproveitar o que temos, darlle unha volta.
-Unha idea que xa se materializou e que botou a andar hai uns dĆ­as.
-Exacto. A fin de semana do 17 de setembro, en Agudelo, fĆ­xose unha actuaciĆ³n na vella escola unitaria da zona. Non era un edificio totalmente abandonado, pero tampouco estaba o suficientemente ben como para servir de lugar confortable. A escola pechou as portas no 74, coa construciĆ³n dun centro mĆ”is grande no centro de Barro. O seu uso na actualidade estaba limitado a algĆŗn curso, como colexio electoral... FixĆ©rase ata unha fogueira dentro.
-¿E que realizou por el Especies de Espazos?
-PoƱelo en valor. Buscarlle unha nova vida e usos. ¿Como? A travĆ©s de varios talleres. Co nome Transforma, deseƱouse a travĆ©s do reciclaxe o novo mobiliario do edificio. A xente non sabe o que poden dar de si un palĆ© e unhas tĆ”boas. Con As cores do rural, para tapar os rastros desa fogueira interior, pintouse un mural que simbolizara os cores das diferentes estaciĆ³ns e aproveitamos para sacar a parte mĆ”is artĆ­stica do proxecto, partindo do branco do inverno ao colorido amarelo do verĆ”n. Logo, nunha parcela preto da escola pintamos uns pneumĆ”ticos, creamos unhas parrillas que poidan favorecer pequenas comidas e festas que alĆ­ se fagan. Por Ćŗltimo, contactamos con cinco poƱentes para falar sobre iniciativas de Ć©xito, innovadoras e sostibles.
-Obviamente non o fai vostede soa.
-Non, claro. TamƩn hai un investimento obtido para o colectivo Rural Vivo a travƩs da Xunta, no programa Iniciativa Xove. A sorte conseguiu que o proxecto saƭra adiante e tamƩn contamos coa axuda do Concello de Barro, que se mostrou moi receptivo e ilusionado coa proposta.
-¿E como respondeu a xente?
-Foi impresionante, a verdade. Claro, agora toca pensar nos seguintes movementos. Veu xente a participar e a escoitar e saber do proxecto. Os veciƱos son os primeiros en saber cales serĆ”n as prĆ³ximas actuaciĆ³ns, pero aĆ­nda as estamos estudando. ¿Seguiremos? De seguro serĆ”n na mesma liƱa. Moitos nos preguntaban se soemos facer estas cousas -rĆ­-, polo que non deben dĆ”rsenos moi mal.
-¿Que Ć© o mellor de Especies de Espazos?
-O mĆ”is importante desta acciĆ³n non Ć© que vexa a luz na cabeza dunha persoa, se non que moitas mans fan que saia cara adiante. Neste primeiro paso contamos con 25 voluntarios, AlgĆŗns viƱeron dende Tui, outros de Ourense para escoitar as charlas.
-¿Xa contempla cal serĆ” a prĆ³xima recuperaciĆ³n?
-Cada vez que dou unha volta vouno pensando. Prefiro non adiantar nada. O Ćŗnico lema que sigo Ć© xente con sitios, sitios con xente. AsĆ­ deberĆ­a ser sempre.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2016/09/27/span-langgldebemos-aproveitar-temosspan/0003_201609P27C4991.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario