REY VARELA DESTACA A IMPORTANCIA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS “COMO ORIENTACIÓN DOS MOZOS CARA O MUNDO LABORAL” NA ENTREGA DE PREMIOS DO XUVENTUDE GALICIA NET 2016 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 12 de septiembre de 2016

REY VARELA DESTACA A IMPORTANCIA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS “COMO ORIENTACIÓN DOS MOZOS CARA O MUNDO LABORAL” NA ENTREGA DE PREMIOS DO XUVENTUDE GALICIA NET 2016



O encontro tivo lugar do 9 ao 11 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA 


§        Na xornada de hoxe, o conselleiro entregou os trofeos dos diferentes torneos que se levaron a cabo nesta fin de semana e que contaron con preto de 6.000 euros en premios

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, salientou hoxe na entrega de premios da party informática Xuventude Galicia Net (XGN) a importancia das novas tecnoloxías “como orientación dos mozos e mozas cara o mundo laboral”. Rey Varela destacou este espazo de encontro xuvenil como un “punto de referencia dos novos avances tecnolóxicos” para os preto de 800 participantes inscritos.   

O evento, que tivo lugar do 9 ao 11 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA serviu segundo o máximo responsable da área social do Goberno galego, para “establecer un marco axeitado para que a mocidade se poida achegar á sociedade da información e ao manexo das novas tecnoloxías, sobre a base da interacción e o cambio de experiencias entre os participantes no evento”. O conselleiro tamén quixo salientar que Xuventude Galicia Net é un encontro “feito para todos” xa que, ademais dos 800 inscritos, “o público xeral poderá acceder a obradoiros, talleres e charlas centradas nas novas tecnoloxías”.

Na xornada de hoxe, o conselleiro entregou os trofeos dos diferentes torneos que se levaron a cabo nesta fin de semana e que contaron con preto de 6.000 euros en premios. 

A décimo sexta edición da XGN contou cunha área intranet para aquelas persoas inscritas que tiveron durante tres días un posto con conexión de altas prestacións para o seu equipo informático e poderán acampar dentro do pavillón así como participar en numerosas actividades e torneos. Por outra banda, a extranet contou cun completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os inscritos como os visitantes que accedan ao recinto. A party informática volveu a contar cun pequeno espazo expositivo complementario no que se amosaron tanto produtos relacionados coa informática e o ocio electrónico como pezas de artesanía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario