Esta
iniciativa permitirá que os concellos de menos de 50.000 habitantes poidan
dispoñer dun millón de € de financiamento sen xuros
A
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases para a
concesión, por concorrencia competitiva, de préstamos sen xuros a municipios da
provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para o ano
2017. A contía destinada a este fin ascende a un millón de euros.
O
principal obxecto da concesión de anticipos ós concellos é o de facilitar unha
fonte de financiamento ó menor custe posible e sen xuros para que poidan
afrontar a execución de investimentos e operacións de tesourería. Para poder optar a estas axudas, os
concellos deberán ter aprobado o orzamento para o exercicio de 2017 e non ter
pendentes de pagamento cotas de amortización de préstamos contraídos coa Deputación.
O
pasado ano concedéronse préstamos a un total de 9 concellos da provincia de
Pontevedra, en concreto a Fornelos de Montes, Silleda, Catoira, Poio, Pazos de
Borbén, A Cañiza, Salceda, Cuntis e Vilanova de Arousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario