O número de centros participantes increméntase nun 9%
A Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos contratos-programa
para o curso 2016/17, unha vez os centros analizaron nos primeiros meses de
curso as necesidades do seu alumnado. Un total de 190 centros públicos da
provincia de Pontevedra beneficiaranse desta iniciativa, que ten como
obxectivos promover a excelencia educativa e loitar contra o abandono escolar, un
9% máis ca no curso anterior. En total poranse en marcha 434 iniciativas diferentes.
Os contratos-programas procuran unha mellora
da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo
rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas
e propón á Administración educativa a sinatura dun documento , ‘o
contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado.
Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros,
posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas
necesidades particulares.
Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e
poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da
Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao
profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.
CENTRO
|
CONCELLO
|
1
|
2A
|
2B
|
2C
|
3
|
4
|
5
|
6
|
IES de Barro
|
Barro
|
X
|
|
|
|
|
|
|
|
* 1. PROA
(Acompañamento escolar fóra do horario lectivo)
2a. Mellora das
competencias clave. Competencia matemática
2b. Mellora das
competencias clave. Competencia en comunicación lingüística
2c. Mellora das
competencias clave. Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
3. Mellora da
convivencia e promoción da igualdade nos centros
4. Prevención do
abandono temperán e do absentismo escolar
5. Mellora do nivel de
coñecementos para acadar a excelencia
6. Mellora da calidade
na xestión dos centros
Liñas
de actuación
A liña de actuación máis solicitada continúa a
ser a número 1, para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente
dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo
contorno sociocultural (antigo programa
PROA). Un total de 147 centros educativos desenvolverán esta primeira liña,
para o que contarán cun total de 102 docentes de apoio contratados a maiores
pola Consellería para tal fin. A liña número 2, a referida á mellora das
competencias clave, é a segunda en número de participantes, con 138.
No caso da terceira liña, que se centra na
mellora da convivencia e na promoción da igualdade, participarán nela un total
de 73 centros; mentres que na cuarta, dirixida á prevención do abandono escolar
temperán e do absentismo escolar, contará coa participación de 8 centros.
Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel
de coñecementos para acadar a excelencia, e á mellora da calidade na xestión
dos centros, participarán 55 (case o dobre respecto di curso anterior) e 13
centros educativos públicos, respectivamente.
Incremento
de orzamento
No conxunto de Galicia serán 416 os centros
que desenvolvan contratos-programas, do que se beneficiarán 104.424 alumnos, 9
veces máis ca hai 6 cursos.
Cómpre salientar, ademais, que a Consellería
reforzou este ano a partida orzamentaria destinada aos contratos-programa, que
acadan os 3.283.052,06 millóns de euros, un 7,01% máis ca no curso anterior.
Isto permite a contratación en toda a Comunidade Autónoma de 174 docentes externos
de apoio adicionais – para o desenvolvemento da actuación 1, a coñecida como
‘PROA’-, un 14% máis que o ano pasado, dotando deste persoal a todos os centros
que o solicitaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario