O Goberno
galego mantén activo o Plan de Vialidade Invernal coa disposición de 54
quitaneves e 52 silos de acopio de fundentes para evitar incidencias na rede
viaria autonómica por mor da presenza de neve ou xeo
§
Os traballos de
vialidade invernal consisten na realización de tratamentos preventivos con
maquinaria de extensión de fundentes para evitar a formación de xeo e na
retirada da neve acumulada
§
O obxectivo
destas medidas é garantir a vialidade na rede viaria, de xeito que se permita a
circulación nas condicións máis seguras e cómodas posibles
§
O dispositivo
anticípase aos episodios de baixas temperaturas e realiza tratamentos
preventivos dende tres días antes de que sucedan
§
Este tratamento
preventivo compleméntase cos percorridos diarios que levan a cabo os vixiantes
de conservación para a comprobación do estado da rede autonómica de estradas
A Xunta, que
mantén activo o Plan de Vialidade Invernal dende o pasado mes de novembro para
evitar incidencias na rede viaria autonómica por mor da presenza de neve ou
xeo, fai un chamamento a extremar a precaución nas estradas ante as condicións
meteorolóxicas adversas para os vindeiros días.
A Consellería de Infraestruturas ten
en marcha o dispositivo necesario para resolver as posibles incidencias viarias
que poidan ocasionar os episodios de neve ou xeo nas estradas autonómicas.
O obxectivo destas medidas é
garantir a vialidade na rede viaria autonómica, de xeito que se permita a
circulación nas condicións máis seguras e cómodas posibles. Para isto, disponse
dun operativo con 54 quitaneves e 52 silos e puntos de acopio de fundentes,
entre outros recursos, para levar a cabo estas tarefas.
Os traballos de vialidade invernal
consisten na realización de tratamentos preventivos para evitar no posible a
formación de xeo con maquinaria de extensión de fundentes e tamén no despexe
e retirada con maquinaria de empuxe da neve ou xeo que se poida chegar a
acumular.
Procedemento
Para anticiparse aos posibles
episodios de baixas temperaturas e co obxecto de prever a realización de
tratamentos preventivos cunha antelación aproximada de tres días, durante o
período de vialidade invernal, o persoal encargado da conservación de estradas
consulta diariamente as previsións de institutos meteorolóxicos coma
Meteogalicia ou o Instituto Nacional de Meteoroloxía sobre a cota de cero
grados, a cota de neve e as temperaturas máximas e mínimas e a humidade
previstas.
Este seguimento compleméntase cos
percorridos diarios da rede autonómica que levan a cabo os vixiantes de
conservación, que comproban o estado das estradas, informando aos seus
responsables sobre o mesmo.
Cando as temperaturas mínimas son
baixas e a humidade relativa elevada, analízase a necesidade de aplicación dun
tratamento preventivo, consistentes no seguinte:
- Esparexemento de fundentes con sal ou salmoira (mestura de sal mariña e auga), que se realiza cos camións quitaneves, con dotacións baixas, nos treitos nos que se sexa frecuente a aparición de placas de xeo.
- Control especial das zonas problemáticas, e repetición do tratamento se se detecta que a calzada queda ‘lavada’ (por exemplo no caso de fortes choivas), e perde o tratamento anterior.
Estes tratamentos preventivos soen
ser efectuados, en xeral, en horario nocturno e entre as 20:00 h e as 08:00 h,
en función das necesidades de cada subzona. Cando se detecte a presenza de
placas de xeo nalgunha estrada complementarase o tratamento anterior co
esparexemento de fundentes con dotacións máis altas. En caso de neve na
calzada, procederase ao paso da coitela quitaneves e á inmediata extensión de
fundentes (sal ou salmoira). Realizarase posteriormente un control intenso das
estradas afectadas por si fose necesario realizar sucesivas aplicacións destas
medidas.
Os equipos de conservación teñen
itinerarios para a realización dos tratamentos preventivos ou de limpeza
establecidos en base á experiencia, que poden axustarse en función da información
transmitida diariamente polos vixiantes ou os responsables da empresa
conservadora en situacións determinadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario