ARRANQUE DA COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2017 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

sábado, 28 de enero de 2017

ARRANQUE DA COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2017



Os equipos que desexen participar nesta nova convocatoria da institución provincial poderán inscribirse a partir do próximo luns, 30 de xaneiro,
e ata o 12 de febreiro

Esta mañá a púxose en funcionamento da X Copa Deputación de Pontevedra. Os equipos que desexen participar nesta décima edición da competición poderán inscribirse desde o vindeiro luns, 30 de xaneiro, ata o 12 de febreiro.

No transcurso da reunión entre a Presidenta da Deputación e os representantes da Federación Galega de Fútbol de Pontevedra e Vigo acordouse que o sorteo das eliminatorias teña lugar o 16 de febreiro en Vigo e o 17 en Pontevedra e que a X Copa Deputación de Pontevedra comece a disputarse durante a semana do 6 de marzo. Tamén se estableceu que a final deste ano teña lugar nalgún campo de fútbol da zona xestionada pola delegación de Pontevedra da Federación Galega de Fútbol. Amais, e co fin de poder beneficiar en maior medida ós clubs de fútbol máis modestos, acordouse que a Deputación de Pontevedra se encargue do pago da arbitraxe dos clubs locatarios eliminados na primeira fase da décima copa.

Durante o ano pasado participaron na IX Copa Deputación de Pontevedra máis de 18.000 persoas e déronse cita máis de 1.000 equipos de todas as categorías.  En concreto, participaron máis de 100 equipos de primeira liña, 25 equipos femininos e na copa de base máis de 900 en todas as categorías. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario