Ethel
Vázquez respondeu a unha pregunta parlamentaria sobre os servizos de venda de
billetes
§
Asegura
que o Goberno galego está a facer un seguimento da reordenación das funcións
dos traballadores de Adif e Renfe co obxectivo de que se garanta a prestación
do servizo e se ofrezan solucións doadas para a venda de billetes
§
Destaca
a aposta da Xunta pola mellora da mobilidade dos veciños do rural a través do
impulso que está a realizar dos servizos de transporte á demanda
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez,
asegurou hoxe que a Xunta velará polo mantemento da calidade dos servizos
ferroviarios en Galicia e polos dereitos dos traballadores. En resposta a unha
pregunta parlamentaria, asegurou que desde o Executivo autonómico se está a manter un contacto permanente con Renfe
para facer seguimento do proceso de reordenación das funcións dos traballadores
desta entidade e de Adif.
Ethel Vázquez asegurou que a Xunta estará “vixiante” para que se poñan
en marcha medidas que garantan a prestación do servizo e para que os viaxeiros
dispoñan de solucións doadas para a compra de billetes, adaptadas aos usuarios
máis novos, pero tamén aos nosos maiores, menos habituados ás novas
tecnoloxías.
Vázquez
Mourelle apelou ao diálogo entre as partes neste proceso que se está a levar a
cabo, “para que se resolva da mellor forma posible e con consenso entre os
traballadores e a empresa e que o emprego e o servizo que se lle presta aos
usuarios, quede garantido”.
Lembrou que,
neste marco de diálogo, hai que atopar as solucións máis axeitadas para aquelas
estacións ferroviarias de Galicia que rexistran menor tráfico e onde
actualmente a venda de billetes a está a facer persoal de ADIF Circulación, que
ten encomendadas outras xestións.
Paralelamente,
a responsable de Infraestruturas do Goberno galego indicou que se seguirá insistindo en que se continúe buscando
a mellora continua dos servizos, atendendo ás demandas dos usuarios e adaptando
a oferta de prazas e horarios ás necesidades reais dos cidadáns.
“Desde a Xunta –dixo- sempre defendimos o transporte no rural tal e como
estamos facendo co impulso de servizos baixo demanda no transporte público de
viaxeiros, ofrecéndolle aos cidadáns un transporte público de calidade,
moderno, eficiente e atractivo, e mellor adaptado ás necesidades dos veciños”.
Remarcou que desde
a Xunta se traballará, dentro das súas competencias, para colaborar e coordinar
as accións nas que pode haber confluencia de competencias, como exemplo falou
das estacións intermodais, que se están a impulsar nas principais cidades
galegas, para conectar os distintos modos e mellorar así a calidade do
transporte.
Ethel Vázquez concretou que o ADIF e os representantes dos traballadores
están a abordar o trasvase ordenado do “canal de vendas presencial” das
estacións que teñen persoal dedicado en exclusiva á venda de billetes, como
poden ser as estacións da Coruña, de Santiago, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo ou
Lugo.
O persoal de ADIF poderíase integrar en Renfe Viaxeiros, polo que sería
o persoal de Renfe, quen vendería os seus propios billetes. Hoxe non se fai así,
pola escisión levada a cabo en Renfe en 2005, dividíndose en Renfe e ADIF, cando
se recolle a separación contable dos servizos e infraestruturas nas redes
ferroviarias nacionais e europeas.
No caso de que o persoal con dedicación mixta á venta de billetes
deixase de exercer estas funcións para dedicarse de pleno a funcións propias do
ADIF, da xestión da infraestrutura, sempre existirían alternativas razoables
para o usuario como a venda directa a bordo do tren, venda telefónica, venda
por Internet, a través dos dispositivos móbiles,entre outros, como xa se está a
facer, na actualidade, na maioría das estacións pequenas para optimizar os
recursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario