§ A directora de Turismo, Nava Castro, reuniuse hoxe por videoconferencia
con responsables da Área de Turismo das catro deputacións provinciais
§ Coincidiron na necesidade de avanzar na coordinación
entre administracións, na implementación de medidas hixiénico-sanitarios e nas
mensaxes de promoción
A directora de Turismo de
Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe cos deputados da Área de Turismo das catro
Deputacións provinciais para abordar os efectos da crise sanitaria do
coronavirus está a ter no sector e compartir as medidas propostas do Plan de
Reactivación do Sector Turístico posto en marcha pola Xunta.
Todos
coincidiron na necesidade de avanzar na coordinación entre administracións, especialmente
no proceso de apertura dos establecementos durante a desescalada e na
aplicación dos protocolos hixiénico-sanitarios que o Goberno central está
elaborando a través do Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE) para
garantir a máxima seguridade dos establecementos e destinos.
A
reunión permitiu afondar polo miúdo nalgunhas das nas medidas do Plan de
Reactivación do Sector Turístico posto en marcha pola Xunta de Galicia coa
intención de fomentar o emprego, xerar liquidez no tecido empresarial galego e
reactivar o consumo. Trátase dunha folla de ruta elaborada con fondos
autonómicos, pero que foi compartida cos representantes das institucións
provinciais para a súa análise e co obxectivo de que complementen os seus eixos
de actuación a través das súas políticas públicas.
Novas vías de
colaboración
Neste
sentido, coincidiuse na necesidade de manter unha mensaxe coordinada nas estratexias
de promoción do destino e valoráronse novas vías de colaboración
interadministrativa para poder impulsar a adecuación dos establecementos aos
protocolos e impulsar o turismo interno con iniciativas como o programa Queda en Galicia, entre outras.
Esta
reunión enmárcase nas accións que a Xunta está a manter nestas semanas co
sector e coas diferentes administracións e axentes implicados para traballar no
novo escenario turístico e elaborar os protocolos e medidas máis axeitados en
cada escenario. O encontro dá tamén continuidade á última xuntanza do Consello
Galego de Turismo na que foron convidados os representantes provinciais e na
que se recolleron as achegas de todos os axentes e administracións implicadas
no desenvolvemento deste sector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario