§ O delegado territorial da Xunta en
Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa
a estes municipios 44.730 luvas, 29.845 máscaras, asi como traxes de protección
e produtos de desinfección
§ En total, a Xunta desde que se decretou
o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de
419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia
A Xunta, a través da Delegación Territorial
de Pontevedra, leva entregadas aos concellos da comarca de Pontevedra, Marín e
Bueu máis de 76.500 unidades de
protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a
plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.
En total, a Xunta, desde o decreto do
estado de alarma, leva repartido entre os concellos pontevedreses máis de
419.324 unidades de protección para loitar contra o COVID-19.
Segundo
informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores
Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana,
permitiu repartir 4.260 luvas e 4.350 mascarillas.
En total, os
datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 44.730 luvas, 29.845
máscaras, 1.096 batas e traxes de protección e 370 produtos de desinfección,
entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de
protección son os seguintes.
CONCELLOS
|
LUVAS
|
MÁSCARAS
|
TOTAL (DE
UNIDADES DE PROTECCION E DESINFECCIÓN)
|
BARRO
|
2.490
|
1.520
|
4.097
|
BUEU
|
2.190
|
1.975
|
4.342
|
CAMPO LAMEIRO
|
1.800
|
1.550
|
3.441
|
A LAMA
|
1.950
|
1.500
|
3.543
|
MARÍN
|
3.990
|
2.350
|
6.598
|
PONTEVEDRA
|
20.000
|
12.500
|
33.175
|
POIO
|
3.290
|
2.150
|
5.637
|
PONTE CALDELAS
|
2.840
|
2.050
|
5.001
|
VILABOA
|
2.590
|
2.150
|
4.856
|
CERDEDO-COTOB.
|
3.590
|
2.100
|
5.836
|
TOTAL
|
44.730
|
29.845
|
76.526
|
Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a
Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de
protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo
coronavirus.
José
Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno
galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o
persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do
Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que
precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente
material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que
traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a
Domicilio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario