§ O delegado territorial da Xunta en
Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que dende o inicio do reparto
entregáronse dende este departamento case medio millón de unidades de
protección na súa área, dos cales 156.360 foron luvas e 114.152 máscaras
§ O acumulado entregado aos concellos
da área para os servizos municipais suma a día de hoxe 278.225 unidades de
protección, das que 38.706 enviáronse a cidade do Lérez
§ En canto ao cómputo dos centros
sociais, de discapacidade, de igualdade. de maiores ou menores correspondente a
área da Delegación pontevedresa o saldo é de 218.400 unidades
A Xunta, a través da Delegación Territorial
de Pontevedra, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos 47 concellos da área territorial e os centros sociais
cun novo envío esta semana. Deste modo,
enviáronse en conxunto 27.700 luvas, 27.477 mascarillas e 1.985 traxes,
gorros, mandís e batas de protección, facendo un total de 54.477 unidades en
conxunto, que inclúen diversos produtos de limpeza e desinfección.
No que atinxe ao Concello de Pontevedra,
reforzáronse os envíos anteriores con 2.500 luvas e outras tantas mascarillas,
así como 91 traxes de protección.
Tal e como explicou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, con este último reparto, as unidades enviadas aos concellos e centros sociais da área pontevedresa
suman un total de case medio millón de unidades.
Se o desagregamos por municipios, os 47 concellos da área territorial
de Pontevedra suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 278.225
unidades de material de protección, baixo os criterios de reparto acordados e pactados pola Federación Galega de
Municipios e Provincias. Así, foron 156.360 luvas, 114.152
máscaras e 5.438 traxes antisalpicaduras e batas, así como diversos produtos de
desinfección. Deste total, o Goberno galego enviou 38.706 unidades para os
servizos municipais do Concello de Pontevedra.
Atendendo ao reparto de case 70 centros sociais de discapacidade,
igualdade. de maiores, menores e de xuventude correspondente á área pontevedresa
o saldo é de 218.400 unidades en conxunto; 94.400 luvas, 114.480 mascarillas e 5.401
traxes antisalpicaduras e batas. Todos estes centros recibiron asemade
pantallas de protección e diversos produtos de desinfección e limpeza ata sumar
un total de 1.802 unidades.
Concretamente, deste total esta semana recibiron en conxunto unha nova
partida de material de protección composta por 16.000 luvas, 9.427 mascarillas
e 1.340 traxes, batas e gorros.
En total, na
provincia de Pontevedra, repartíronse xa 1.069.650 unidades de protección tanto
a centros sociais coma a municipios
Cómpre
lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que
se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección
que xa repartiu ao 100% dos concellos da área da Delegación
de Pontevedra.
O material, segundo as informacións facilitadas
polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu
uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.
A Administración autonómica reitera que todo o material entregado,
cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao
seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario